"Me llamo Ladydi García Martínez y tengo la piel morena, los ojos cafés y el pelo chino y castaño; (…) De chica, mi madre me vestía de niño y me decía Niño. Le dije a todos que nació un niño, decía. Si era niña, me raptarían. Todo lo que necesitaban los narcotraficantes era saber que por acá había una niña bonita, y se dejaban venir a nuestras tierras en sus Escalade negras y se la llevaban".
Así, con comeza este libro, esta narconovela, que nos causou unha profunda impresión, pola dureza da historia que conta, pero que á vez enganchábate e non che deixaba escapar ata que o acababa.
Unha historia coa que soubemos o duro que é ser muller nalgunhas zonas de México, e na que discutimos e comparamos a súa situación coa do noso país. Tamén nos gustaron so seus toques de humor cos que a autora consegui poñernos na pel de Ladydi, a protagonista que, como todas as mulleres do estado de Guerrero, sabían o que era vivir sen os homes (pois a maioría íanse fora na procura de mellor fortuna e non volvían), e á vez, tamén aprendían dende moi nenas a defenderse deles, en concreto dos narcotraficantes, para que non as raptaran.
En definitiva, unha durísima novela, que non é compracente co lector, pero ao mellor por iso moi recomendable.
Por Abraham Pena Vila, 4º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario