lunes, 4 de noviembre de 2019

Zenobia, de Dürr Horneman

O luns día 4 de novembro, reunímonos no club de lectura de 4ºESO, 1º e 2º BAC para comentar unha novela gráfica chamada “Zenobia”. Con ela comezamos a andaina deste novo Club que pon en relación a linguaxe da literatura coa das imaxes. 
 Esta novela, escrita por Dürr Horneman e editada por Bárbara Fiore, cóntanos a triste historia dunha xoven nena. A protagonista está a viaxar nunha patera baixo a gran tormenta e, de súpeto, unha ola tira a todos os viaxeiros ao mar. Mentres a nena se afunde, os sucesos dos últimos días pasan fugaces pola súa cabeza. Estes recordos reflexan a marcha dos seus pais, o paisaxe caótico que observou ao sair do seu fogar,o rencontro co seu tío, o momento de subir na patera... 
 Ao longo do libro sucédense unha serie de impactantes imaxes que varían a súa cor segundo a antigüidade dos acontecementos. Todas elas transportan no seu significante a dor e os perigos da inmigración. Tamén podemos ver como intentan transmitir importantes valores. Lendo este relato dámonos conta do pouco valor que lle damos ás cousas ao ver como os pasaxeiros da patera comparten desesperadamente un anaco de comida; observamos a imperante necesidade de marchar do país, e non precisamente para robar os nosos cartos ou arrebatarnos postos de traballo... 
 Na nosa opinión esta novela gráfica é moi boa xa que é capaz de transmitir mediante debuxos que cousas realmente teñen valor, a situación de desesperción na que viven os inmigrantes... E, aínda que este tema sexa tratado frecuentemente na televisión, todos estamos de acordo en que esta novela transmite máis realidade que todas as noticias que vemos no noso día a día. Isto se debe a que esas noticias moitas veces intentan convencernos de que os inmigrantes teñen vantaxes con respecto a nós, cando isto é unha mentira. Os momentos de reflexión e o sorprendente das súas imaxes fan que pague a pena lela.
 Lucía Villapol (4º ESO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario