jueves, 14 de noviembre de 2019

La importancia del primer cero, de Oti Rodríguez Marchante

   
 Este é un relato no espello, se os pais e profesores o miramos, verémonos nel. Porque non se trata de tres nenos e unha nena nun conto, senón dun relato da aprensión dos adultos ante o paso do tempo, e quizais a incapacidade de ver o mundo coa inocencia dos pequenos.
    Catro nenos no mesmo curso de primaria teñen inquedanzas, que non problemas, como todos tivemos. A tía de Andrés recórdalle que vai cumprir 10 anos (o primeiro cero) e que cada cero trae máis e máis problemas. Así, o rapaz empeza a concebir a nova vida adolescente como un mecanismo ao que lle están cambiando as instrucións de uso. Pero, quen non sentiu eso mesmo nalgunha ocasión? 
    A nena, Paula, afirma con toda soltura que “cando o normal te desorienta, é que estás facéndote maior”. Pero, gracias a Dios, os nenos non teñen nin idea de que os maiores necesitaríamos outra etapa intermedia, polo menos, para atopar o norte na nosa vida. Se cadra, aló na vellez alcanzaremos a sapiencia, vai ti saber. Paula, en cambio, xa nos dá unha lección: polo menos, ela intúe que está no final de algo e, á vez, no principio de algo.
    Despois, está Fredi, o “listillo que todo o sabe”, pero sen pasarse, que ten un irmán “especial”, o Cristal, do que recibe máis do que lle dá, e que o fai ser a el tamén especial dalgunha maneira. (Ver o inesperado cómic das aventuras do Cristal no epílogo do libro). 
     E, por último, a apostilla de Iñaki, onde os cativos poñen aos docentes no seu sitio, ou como librarnos do primeiro cero, isto é, lendo por suposto. Porque nos libros de lectura hai coñecementos inesgotables, experiencias vividas por outros e recursos sin fin. Que llo digan a Rudyard Kipling e ao seu marabilloso O libro da selva. Lede, nenos, lede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario