miércoles, 6 de marzo de 2019

Inseparables, de M. Pavón e M. Girón


 Saltar obstáculos, facer carreiras, bailar, xogar? Cun par de zapatos pódese facer de todo, pero cun só?
   Cando empezamos a ler, pensamos que esta era a historia dun zapato azul que, desde sempre, compartira as súas aventuras co seu compañeiro, outro zapato igual que el.
   Clara é feliz cos zapatos, pero un día uno deles estrágase e os dous son tirados ao lixo. 
Non sabemos en que sitio ocorre nin tampouco cando. Pero o que si sabemos é que estabamos equivocados: en realidade esta non é a historia duns zapatos, senón a historia dos nenos e nenas do mundo. 
(Imaxe que amosa diferentes zapatos sen parella)

   Dá igual o lugar e os problemas que teñamos: os nenos son nenos. Dá igual que che chames Rita ou Clara, que vivas nun país en paz ou que a túa vida cambiase por culpa da guerra. Todos queren bailar e saltar , e aínda que sexa con axuda dunha muleta, sempre é posible volver sorrir. 
   Hai moito branco nas follas do libro para que vexamos ben as caras das nenas. Hai frases curtas e puntos suspensivos para que nos paremos a pensar. E aínda que sufrimos un pouco lendo este libro, ao final comprendemos que:
        - Sempre atoparás nalgún lugar un novo compañeiro para vivir o que che toque vivir, pero non o descubrirás se non confías en ti mesmo/a. 
       - Hai cousas que nin unha guerra pode destruír. Por difíciles que sexan as circunstancias, os nenos sempre atopan motivos para sorrir.

Club de lectura inclusiva

No hay comentarios:

Publicar un comentario