Na primeira reunión do Club de Lectura deste curso, conversamos sobre Sweet Sixteen, libro escrito por Annelise Heurtier.
O libro conta a historia de nove nenos e nenas de cor, que comezaban a escola nun instituto de blancos, na Alabama dos anos 50. A historia está baseada nun feito real. O relato é contado por dúas desas rapazas, unha de cor, Molly e outra branca, Grace, que nos contan a historia desde dous puntos de vista diferentes.
O feito de que a historia fose de base real impresionounos moitísimo, pois ao entrar os nove nenos no instituto, atópanse coa oposición da maioría dos compañeiros, thumillábanos, perseguíanos… A parte de tomar conciencia deste período, do longo camiño e loita da xente de cor pola igualdade, tamén nos demos conta de como, se ves as cousas do outro lado, se tes un pouco de empatía, podes cambiar a opinión sobre calquera aspecto da vida, como é o caso de Grace.
Un libro moi recomendable que suscitou moitas discusións, mesmo sobre como damos por feito opinións e actuacións deste século, e que a loita pola igualdade foi moi difícil e lenta para aqueles que non tiñan acceso ao poder.
Patricia (3º ESO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario