Está claro que o mundo está cambiando, todos o vemos, e xa non hai verdades absolutas nin dogmas definitivos, aquilo que servía para o século XX, xa non serve para o XXI: unha gran corrente atravesa as nosas conciencias e debemos mergullarnos nela para lograr un mundo mellor.
As condicións sociais e económicas seguen a mandar neste mundo mercantilista, por suposto, igual que a orixe de cada quen, pero están a xurdir fluxos de pensamento que non impoñen, que non discriminan, que non obrigan.
Os nosos nenos e nenas viven xa nun mundo global. Deberían empezar a reivindicar as diferencias e a priorizar os sentimentos, os propios e os alleos, sen xulgalos. Chámase RESPETO.
Neste fermoso libro cargado de cores, de luz, de poemas fráxiles e sinxelos, nótase que as autoras saben do que falan. A tolerancia é a base da Civilización con maiúsculas, dado que cada individuo é diferente e único. Non debemos esquecelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario