miércoles, 6 de junio de 2018

Programa de Radio Cultura Clásica

O club de lectura de Clásicas tivo como proposta este ano a relación entre o mito e o deporte. Con variadas lecturas de mitos clásicos, como o de Atalanta para a carreira, o de Ulises para o tiro con arco, o de Jacinto para o lanzamento de disco e outros, tentamos que o alumnado se mergullase dunha maneira lúdica nas orixes da nosa civilización.
 Como broche final, buscamos o precedente literario das grandes competicións deportivas actuais. Os nosos alumnos convertéronse por un tempo en comentaristas deportivos para narrar os xogos funerarios en honor a Patroclo, cantados polo poeta Homero na súa Ilíada. Xunto co texto orixinal usamos o cómic A Ilíada de Roy Thomas coa intención de que lesen en distintos formatos. E tras adaptar o texto, modernizándoo, o resultado final converteuse nun programa de radio deportivo que gravamos no propio instituto. 
Podedes escoitalo aquí:

No hay comentarios:

Publicar un comentario