martes, 18 de diciembre de 2018

O meu pesadelo favorito, de María Solar


“Estamos moi cerca de espertar cando soñamos que soñamos” 

Novalis, escritor e filósofo alemán.)


O mércores, 5 de decembro, na biblioteca, fixemos a terceira reunión do club de lectura. Desta volta, limos O meu pesadelo favorito de María Solar que fora Premio Lazarillo no 2014.

Manuel, o protagonista, ten un irmán xemelgo, Anxo. Viven co seu pai porque a súa nai morreu nun accidente. Un día, Manuel enfermou por mor dun virus e a febre subiulle moitísimo. Para curalo, o veterinario receitoulle uns xaropes para cans e gatos, o que non deixa de ser un pouco surrealista. O principal efecto era que lle daban moito soño e moitos pesadelos! E iso é este libro: un conxunto de pesadelos!


Soña con Alicia, que non ten que ver coa Alicia do País das Marabillas, mais ben é o revés. Ela quere darlle bicos e por esa razón sae e entra dos seus soños. Aparecen tamén dous cans verdes, un alieníxena, dúas criaturas modificadas xeneticamente, un vendedor de olores, un bar de mentireiros e unha repartidora de bicos. E a máis febre…máis pesadelos!

As nosas opinións son variadas: para algúns, entretido e divertido; para outros, pouco interesante.. Todos coincidimos no acerto do final e na tenrura que nos transmitiu a caixa que gardaba “os bicos de mamá".

Esta vez botamos de menos non falar doutros temas relacionados coa lectura, pero pasámolo ben coas nosas galletiñas e os zumes “sen azucres engadidos”.

Os que soñan de día son conscientes de moitas cousas que escapan aos que soñan só de noite”  (Edgar Allan Poe, escritor estadounidense)
Polo alumnado de 2º C

No hay comentarios:

Publicar un comentario