jueves, 22 de mayo de 2014

A illa de todas as illas, de X. Docampo

Que sexa precisamente o epílogo o único que nos gustou do libro é mostra dabondo de que a historia , que prometía moito, non gustara. A novela é unha homenaxe aos libros de aventuras que ocorreron en illas. Por ela desfilan referencias literarias coñecidas por todas nós: A illa do tesouro, O señor das moscas, Robinson Crusoe, … que é o único que a fai interesante.
Mais semella faltarlle un plan: fáltalle acción ,as persoaxes e as situacións son pouco verosímiles- eses país que desaparecen e deixan a unha nenade catro anos en mans duns menores- . En fin, que o único que se salva como personaxe é a néboa e as ilustracións, porque o demais resultounos soso e aburrido. Se a idea , en principio, prometía , o resultado final defraudounos a nós, coñecedoras desas lecturas. Que opinará a rapazada? Animaralles este libro a ler eses clásicos?

martes, 6 de mayo de 2014

Juegos inocentes juegos, de Ricardo Gómez



Non lles gustou! E iso que, aparentemente, o libro proposto para o club de lectura dos maiores, Juegos inocentes juegos de Ricardo Gómez, tiña todas as papeletas para chegar aos rapaces.

A narración preséntanos a un adolescente reflexivo, tímido, normal, Sebastian (si, sen til no a), que asumiu demasiadas responsabilidades dende os 9 anos trala morte da súa irmá e o posterior divorcio dos seus pais. O rapaz gaña diñeiro, á vez que se divirte, probando xogos para unha empresa americana. Pero o que el non sabe, e o lector si, é que os xogos non son tan inocentes como o protagonista pensara, pois cada vez que proba un arma ou pilota un drone, cada vez que mata a alguén no seu ordenador estáo a matar na realidade. Con eses dous elementos xoga o autor: coa realidade cotiá de Sebastian e co resultado das súas accións.

Seica foi esta dualidade narrativa a que non calou nos alumnos/as, máis acostumados a formas de narrar, simples e lineais polo que a lectura resultoulles “pesada” e, as veces, “difícil de seguir”.

Sendo o obxectivo do club que os alumnos amen a lectura, pero que tamén coñezan outras formas de narrar, consideramos que debemos persistir nesta liña. Que entendan que, para se achegar a lectura, non sempre o camiño será doado, que haberán de salvar moitos escollos. Porque un libro é, ao fin e a o cabo, ¡a vida mesma!

O refugallo, de Paula Carballeira

"Refugallo é todo material e produto non desexado que se necesita eliminar porque carece de valor económico" (Wikipedia)

            Incisivo título o desta peza teatral de Paula Carballeira pensada para un público infantil e xuvenil. Unha obra divertida e do gusto do alumnado cunha mensaxe que cala moi fondo.
 A cuestión plantexada  polas nosas alumnas foi a seguinte: é transferible  a definición anterior ao ámbito humano? Pódense considerar as persoas un produto residual, algo que sobra e carente de valor?
            Dentro da fábulación a creatividade da autora (tamén actriz e contacontos) non abusa das hipérboles, é a imaxinación dos nenos o único que os salva da barbarie; o seu intento de crear un mundo mellor con todo aquilo que os demais tiramos resulta unha utopía nun espazo que se converte en metáfora do mundo. Vivimos e morremos nun vertedoiro, só a amizade, a sensibilidade e a empatía poderán salvarnos.
        
A resposta, desgraciadamente, foi afirmativa: o noso mundo converteuse  nunha sociedade de consumo feroz e despiadado no que mesmo os nenos (e calquera considerado non produtivo) son abandoados sen o menor signo de remorso.
Catro dos componentes do club decidiron aprender a seu papel e representar a escena III da obra. A verdade é que nos sorprenderon.


 

martes, 22 de abril de 2014

Una forma de vida, de A. Nothomb

Si en la anterior reunión habíamos comentado dos lecturas antibelicistas, este no lo es menos, pero desde una perspectiva diferente. En este caso, la autora y narradora inicia una relación epistolar con un soldado en la guerra de Irak, Melvin Mapple, que dice haber leído todas sus novelas. A lo largo de sus páginas el lector va conociendo los entresijos de esta relación y a este hombre que decide engordar como forma de rebeldía contra el ejército. Pero la situación se va complicando tanto que al final la historia da un vuelco sorprendente. Luego te asaltan las dudas, ¿será real esta historia? Porque lo que sí sabemos es que hay autores que se cartean con sus lectores. ¿Qué busca la autora? ¿Hablar de sí misma o, simplemente, convertirse en un personaje de su propia obra? Este punto es lo que a algunas no les ha acabado de convencer y que ha levantado serias críticas.
 En fin, una historia que trata de la falta de comunicación, de la soledad, del oficio de escritor, todo ello con grandes dosis de ironía.

domingo, 6 de abril de 2014

Exogamia 3.0, de Ramón Caride



En Exogamia 0.3, Ramón Caride, un profesor de bioloxía, narra en seis breves relatos un futuro marcado polo triunfo do neoliberalismo e, como consecuencia, polas desigualdades económicas e sociais, afondadas co desenvolvemento da biotecnoloxía, así como polo afán de poder e o consumismo máis esaxerado. Esa sociedade futura presenta un mundo arrasado que, para pervivir, debeu evolucionar moi rapidamente recorrendo á biotecnoloxía, pero tamén a un incremento dos desequilibrios entre ricos e pobres.
Cando nos reunimos no club de lectura dos maiores para falar deste libro a discusión pronto derivou cara os conflitos éticos que podían extraerse da lectura. Os rapaces criticaron sobre todo, amosando unha gran capacidade de análise, o feito de que puidese existir unha pastilla para esquecer os recordos máis dolorosos, para eles iso modificaría quen ti eras, xa que, pensaban, tódalas túas vivencias conforman a personalidade e por iso non entendían que alguén quixese “resetear” á súa memoria.
Na reunión relacionamos un dos relatos do libro coa película, de 2005, La Isla, protagonizada entre outros por Ewan McGregor e Scarlett Johansson. Se non a vistes e queredes saber dela premede no enlace para poder ver un resumo do argumento. Se non a vistes e queredes saber dela, premede no enlace para poder ver un resumo do argumento.

 
E se queredes saber algo máis sobre o futuro da biotecnoloxía podedes visualizar este brevísimo  video:
 

sábado, 22 de marzo de 2014

Mendel, el de los libros de St. Zweig y La historia de Erika, de R. Vander Zee/ R. Innocenti


Las lecturas de este mes ,  Mendel, el de los libros y La historia de Erika, tienen en común el tema de la guerra desde dos ópticas distintas.
 En la primera de ellas, el narrador  recuerda , 20 años después,  a Mendel,  un librero de viejo, inmigrante judíoruso,  que  se pasaba los días sentado en la misma silla de la misma cafetería en Viena. 
Estaba tan abstraído con sus libros que ignoraba lo que ocurría alrededor, posiblemente porque no le interesa, porque no le aporta nada. Y, sin embargo, este hecho no le salva se ser hecho prisionero y acabar en un campo de concentración por una falsa acusación.
 La otra óptica es la de los recuerdos de una niña que se salva del holocausto  por un tremendo acto de amor de su madre. Pero ambas lecturas sí que tienen en común una misma intención: son dos  libros antibelicistas y humanistas.
En la sesión de hoy hubo unanimidad de criterios respecto al álbum ilustrado, cuyas ilustraciones ganan con mucho al contenido; pero Mendel  suscitó discrepancias, pues a alguna el personaje le pareció poco verosímil, demasiado aséptico,  y porque  el libro no había satisfecho sus expectativas.

Si tenéis ganas de más:
 


jueves, 20 de marzo de 2014

A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar

A medio camiño entre o Día de Rosalía e o da Poesía – como non confundilas –quixemos poñer o noso gran de area dende o Xoán Montes lendo unha composición poética do escritor Miro Villar. Moi cedo, trala lectura, chegamos a unha conclusión esencial: que se o poeta se atreveu, de xeito talentoso, a facer pensar e falar á Negra Sombra de Rosalía na súa obra A Pantasma da casa da Matanza, non iamos ser menos os das Estantigas en facerlle a réplica poñéndolle voz á autora que, aínda que desaparecida, tiña todo o dereito a dar a súa versión sobre aquel espectro que a rondaba. En consecuencia, puxémonos mans á obra na sesión do Club de Lectura, pasamos a escoller os versos máis significativos da obra de Villar e intercalámolos cos de Rosalía, a modo de resposta, da maneira máis axustada que puidemos. Mostramos a continuación o resultado, rogamos a benevolencia dos implicados e, deste xeito, sumámonos á homenaxe a Rosalía de Castro .