A Cabeza da Medusa de Marilar Aleixandre foi o libro co que comezamos o Club de Lectura de 3º da ESO para o curso academico 2023/2024.
No libro relátase a historia de dúas rapazas, Sofía e Lupe, que unha noite foron violadas por dous rapaces. A novela continua narrando o que estas nenas sofren no instituto, igual que ao mesmo tempo narra momentos paralelos doutros personaxes como o de Jessica ou Rubén, e tamén a reacción dos pais.
A todas gustounos moito o libro, ainda que tivemos opinións dispares nalguns momentos. Todas estabamos de acordo que nunca nos subiríamos ao coche dun estraño, aínda que pensemos que é coñecido, que foi o que lles ocorreu ás protagonistas, xa que non sabemos onde pode estar o perigo. Tamén estabamos de acordo que a actitude dalguns compañeiros e profesores non era a correcta e tamén a dispar reacción dos pais das dúas rapazas. Ademais consideramos que no libro tamén se reflicte o machismo, polo que algunhas de nós, pensábamos, que eran os homes os que as criticaban.
Eu recomendaría o libro, por que narra momentos da vida cotiá, e unha situación que podería pasarnos a calquera de nós. Tamén o recomendaría, por que é moi sinxelo de ler e unha vez estás dentro da historia, non podes parar de lelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario