miércoles, 2 de junio de 2021

Versos viceversos, de A. García Teijeiro e J.C. Martín Ramos


Está claro que se podes gardar nun armario o mar, como afirman os autores que estivemos lendo (e oíndo), de seguro que ti serás capaz de sentir a vida, a túa e a de quen sosteña contigo o mundo.

 Os recordos, que son vento e música, naufraxios e solpores, virán a ti como ao poeta que pasa o tempo contando de noite as estrelas. Con eles fiarás o futuro, que non está escrito, e seguirás as pegadas dese fermoso poema “os seus versos/ buscan a chave dunha porta/ que non sabe se existe”. 

Aos nenos os versos escórrenlles entre os dedos, non son quen de asilos, nin de visualizalos nin de sentilos. Mágoa. Estamos criando unas xeneracións nas que predominan as imaxes fronte as verbas, sen que eles se decaten de que a imaxinación depende do relato que construímos, porque a palabra imaxe procede do latín imago que significa un retrato ou unha copia da realidade. E QUE É SE NON A POESÍA?

No hay comentarios:

Publicar un comentario