Aldous Huxley proxecta nun mundo feliz unha realidade utópica na que os nenos non nacen dunha nai,
senón dunha probeta, onde non hai amor, senón luxuria e desenfreo, onde non hai loita de clases, senón só conformismo. En suma, unha sociedade onde todo o que nos fai humanos desaparece.
Neste contexto entre en xogo "o salvaxe", un personaxe que vive illado do mundo feliz e que provoca que se cambaleen os cimentos d este a o representar o impulso vital, o lado máis primitivo e orixinario dos humanos.
Este choque entre os dous mundos vai precipitar a destrución do salvaxe, nunha apoteósica escena final.
A opinión sobre o libro foi bastante variada, sendo criticada por algúns e encomiada por outros. Do que non cabe a menor dúbida é da súa condición de clásico, que o encumbra a unha posición de prestixio dentro da literatura distópica do século XX.
Por Beatriz, 1º BAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario