En todas as vidas hai perdas, pero tamén hai portas para saír. Non só podemos saír da adversidade, senón que lle podemos atopar un sentido.
Imaxe da cuberta |
Con este libro, aprendemos a palabra "resiliencia", aínda que non aparece escrita en ningunha das súas páxinas.
Júlia, a protagonista do libro, é una nena normal e feliz. Pero un día, a súa felicidade e tranquilidade desaparece e ela empeza a sentir un gran baleiro.
Como non nos din o que lle pasou a Julia , cada un e cada unha de nós quedouse pensando de onde podería vir ese baleiro, e foi moi interesante comprobar como, se miramos cara dentro, atopamos moitas explicacións diferentes, porque as nosas vivencias persoais son distintas unhas das outras.
No libro, o baleiro aparece como un buraco que atravesa o peito da nena, e invádeo todo, de frío e de monstros. Así que ela tenta enchelo, tapalo, borralo, para que desapareza.
Proba con moitos tapóns: comida, unha mascota, un novo amor, regalos e cousas materiais, novas tecnoloxías, e ata deporte... Cousas que non son malas pero que non lle funcionan, e o baleiro aínda medra máis.
Cando a nena se renda e deixa de buscar "tapóns" para o seu buraco, é cando a tristeza chega: unha tristeza grande, grande...
Imaxe do interior onde vemos a protagonista rodeada de diversos obxectos |
E despois de chorar o que quixo, por fin comprendeu que debe mirar dentro dela doutra maneira, porque ningunha solución que veña de fóra lle servirá. A SOLUCIÓN ESTÁ DENTRO DELA!
Descobre que ten dentro un mundo marabilloso, e que pode superar esa perda que tanto a mancou e estar mellor consigo mesma. Desa maneira, sen darse conta, tamén estará mellor cos demais, porque agora ela sabe que é única e auténtica.
Este libro fíxonos pensar moito. Mentres o estabamos lendo, faciamos moitos silencios porque é un libro para ler mooooooooi amodiño.
Oxalá vos animades a lelo¡
Club de lectura inclusiva
No hay comentarios:
Publicar un comentario