Nesta segunda asemblea do club de lectura de 3º/4º da ESO reunímonos para comentar a libro “Corredores de sombra” do famoso autor galego Agustín Fernández Paz.
A historia preséntanos a unha muller chamada Clara, que se dispón a contar a historia de algo que lle ocorrera fai dez anos.
Todo comezou no verán de 1995, cando a súa familia se foi de vacacións a un antigo pazo familiar. Tras varios días, durante a restauración da bodega do pazo, áchase nunha das columnas un misterioso cadáver que se remonta á época da Guerra Civil, hai máis de cincuenta anos...
Este libro ademais de tratarse dunha historia de misterio e romance, tamén fai reflexionar aos lectores sobre as inxustizas que se cometían na época da guerra; como ben dixo unha integrante do club: “Esta historia é un reflexo de España na Guerra Civil, xa que os cadáveres daquela época saen á luz, ás veces, por casualidade”.
A pesar da importancia do tema tratado, este libro non conseguiu gastarlle a moitas das nosas lectoras. Algunhas das razóns son as moitas contradicións na historia e a lentitude da súa trama, xa que, como moitas obxectaron, a historia transcorre moi rápido no seu comezo pero vai diminuíndo de velocidade a medida que avanza. Aínda que houbo opinións negativas, tamén as houbo positivas. A historia de amor de Clara e a da súa avoa Rosalía fixeron a historia en certa forma amena, xa que o lector está centrado en saber como se irán desenvolvendo os acontecementos.
En conclusión, é unha obra recomendable e disfrutable. Si, para nós ten aspectos que se poden mellorar e ten bastantes puntos febles, pero aínda así pode chegar a ser unha boa lectura se o que buscas é unha historia de misterio, intriga e romance.
Por Rachel (3º ESO )
No hay comentarios:
Publicar un comentario