|  | 
| Portada  do libro: Rojo, una historia de colores.
Imaxe dunha cera azul que leva pegada unha etiqueta que dice:”rojo” | 
    “Rojo”  é unha cera moi rara. Encántalle pintar e
pintar e pintar.  Pero algo estraño
ocorre … Todo o que con tanta ilusión e coidado debuxa, no papel aparece de cor
azul!   O seu mestre intenta axudala a
pintar de cor vermello («Imos a pintar amorodos!», e os amorodos saen azuis),
a súa nai intenta axudala a ser de cor vermello mandándoa a xogar cunha compañeira
de cor amarelo («Ide   pintar unha bonita laranxa!» e a laranxa sae
verde).
    No noso Club de
Lectura, unha rapaza afirma: O PROBLEMA ESTÁ 
NA ETIQUETA!
    As tesoiras
intentan axudala a ser de cor vermello cortando un pouco a etiqueta para que poda
respirar con máis liberdade. Pero Rojo non é feliz. Non hai maneira de que
pinte vermello, aínda que o intenta con todas as súas forzas. Pero un día unha
nova amiga  invitouna  a pintar un océano e entón  Rojo descubriu  o  que xa
sabiamos nós:  ela é  azul! 
    Estivemos
pensando e pensando. Pensamos que as etiquetas poden facer moito dano ás
persoas. Pensamos que debemos aceptarnos como somos, e non intentar ser como os
demais pretenden que sexamos. Pensamos que ser diferentes non é malo nin é un
defecto …
   E despois de
tanto reflexionar, decidimos chegar a un acordo: Os rapaces e rapazas do Club de Inclusivo de Lectura nunca poñeremos
etiquetas a outras persoas, e tampouco aceptaremos que nolas poñan a nós. Non
nos credes? Velaí o noso compromiso:
|  | 
| Imaxe
das mans dos e das integrantes do Club tirando as etiquetas ao lixo | 
 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario