En xeral, a todos (os do clube de lectura) gustounos moito. Fala do amor incondicional dun neno por un vello profesor que padece unha enfermidade e non retén as cousas durante moito tempo. Ao longo do libro podemos apreciar como un vínculo precioso vaie forxando entre a nai do neno (a asistenta do vello) o neno, e o vello.
Os tres disfrutan das matemáticas e da vida, dunha maneira peculiar pero moi tenra.
Anímovos a lelo, porque merece a pena!
Por Carmen, 4º ESO
miércoles, 7 de febrero de 2018
lunes, 5 de febrero de 2018
Europa express, de Andrea Maceiras
Neste libro do club de lectura, Andrea Maceiras, cóntanos en Europa Express a historia dun grupo de rapaces, Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía, que ao acabar o bacharelato deciden facer unha viaxe en interraíl por Europa.
A través da viaxe podemos ver as súas experiencias pero tamén as súas personalidades, o libro que dá saltos no tempo, cóntanos a vida dez anos despois deses rapaces, xa adultos, e como lles afectou a morte dun deles, Xacobe, un dos máis carismáticos.
A nós o libro gustounos, sentímonos identificados con Nico e con Aroa, e, en xeral, caíanos mal Mía. A autora logrou que fósemos vendo a evolución dos protagonistas e que vísemos o valor da amizade, da liberdade, do amor.
Por Alberto (3º ESO)

Suscribirse a:
Entradas (Atom)