jueves, 19 de marzo de 2015

Experiencia tras unha "Ovella descarreirada"

    Descubrimos con agrado que o libro de Marilar Aleixandre, como tantas lecturas recomendables, recordábanos un dos moitos xogos nos que segues as pistas ata que atopas o que estabas buscando. Neste caso, o fío de Ariadna son versos engarzados con habilidade que, aínda que non queiras, lévante a descubrir a rebeldía que todos levamos dentro e que pugna por saír.
     Se te sentes estrañ@ e desubicad@, como un polbo nun garaxe, se non atopas o teu sitio no mundo, tes que sentar e ler nesta obra que ese mesmo polbo inspirou a poetas e artistas, por iso non se sinte un monstro; e que hai ovellas que soñan son ser de cores e ter rancio abolengo, pero atopan a súa felicidade axudando aos demais.
     Rebeldía e ledicia, non hai nada mellor para acabar co demo negro.
     Pero traballo e pracer poder ir unidos, así que nos puxemos a versificar. Aproveitando que a autora tamén nos lanza unha mensaxe en forma de haiku dobre, cada membro deste club de lectura elaborou un pensamento poético silabeando os sentimentos no formato xaponés 5-7-5.
Aí vos queda o resultado. Disfrutádeo¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario