Cando lles pedimos aos alumnos que lean poesía, entramos nunha terra de ninguén. Axiña vemos a empalizada levantarse a modiño, as tropas retirándose para non enfrontarse a unha nova derrota. Ninguén lles le xa poesía aos cativos. Ninguén lles di que ao principio só estaba a poesía para contar o mundo.
Tamén hai moito medo nos adultos, e vergonza. Esquencimos que todos, de nenos, dominábamos o verso: nos contos, nas cancións, nos xogos… é algo natural ao ser humano e non é certo que sexa para uns poucos. Claro está que se pode aprender a técnica, pero ningún humano necesitou nunca un manual para saber que se sinte ante a risa dunha criatura ou o terror da guerra. Iso é a poesía: amor e morte, placer e dor, pasado e presente. Só hai que estar vivos.
Así é que agradecemos o pequeno libro de Paula Carballeira Nunca mascotas, porque é fresco, xuvenil e xenial, creativo e reivindicativo. Ademais, pon a animais e humanos á par, sempre entre o ben e o mal, amantes da liberdade, divos ou asustados, destructores ou protectores. Podemos compartir a Terra, si, e moito máis, seica a avoa entendíase co lobo…
Estamos con Paula Carballeira a morte. E por iso convertimos un dos seus poemas en rap. Polo ritmo dos versos, coido que ela tiña esa intención cando nos enviou as mensaxes.
Alá vai:
No hay comentarios:
Publicar un comentario