Fai catro anos Judith e a súa mellor amiga desapareceron dun pequeno pobo, dous anos máis tarde Judith regresa soa e mutilada para que non conte nada sobre o ocorrido.
Ao regresar vese envolvida nun cúmulo de sensacións e sentimentos xa que é evitada por todo o pobo, mesmo algúns familiares, polo seu tenebroso pasado.
Ao volver atopase con Lucas, un rapaz do que sempre estivo namorada en segredo, o que desenvolverá unha serie de sucesos que provocarán en Judith a necesidade de tomar decisións sobre os seus desexos de salvar ao seu namorado, ou perdelo para sempre ao revelar o seu pasado.
En definitiva, esta novela de Julie Berry é unha longa carta de amor escrita pola nosa protagonista que se ve condenada a ser marxinada pola sociedade e atoparse soa ante un destino desconcertante e asombroso.
Esta é en síntese a historia do quinto libro tratado no Club de Lectura, e houbo moi diversas opinións sobre os acontecementos da novela e provocou un interesante debate.
En xeral, a todos os alumnos lles gustou o libro, aínda que algúns amosaron a súa sorpresa polo desconcertante final, xa que non o esperaban. Un dos personaxes máis discutidos foi o de Lucas xa que para algúns o namoramento entre eles (Judith e Lucas) foi fermoso, para outras, non era máis que pícaro que non estaba tan namorado como parecía xa que na historia ten amores con outros personaxes. No club tamén se discutiu moito sobre o temor no que vive Judith, ao non ter a valentía de expresar o que sinte e contar a verdade da situación que vive, e como esa é a situación de moitas mulleres non só entón, senón todavía hoxe en día.
Por ANA RODRÍGUEZ MEILÁN 3º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario