miércoles, 13 de enero de 2021

Os nenos da variola, de María Solar

 Esta novela descúbrenos a historia da Real Expedición Filantrópica da Vacina, que en 1803, baixo a protección do rei Carlos IV, parte desde A Coruña para levar a vacina da varíola cara ás colonias españolas de América e Filipinas. 


Para levar a cabo esta misión, os doutores Francisco Xavier Balmis e Josep Salvany escolleron 23 nenos orfos co fin de empregalos para transportar a vacina nos seus brazos durante máis do mes que supoñía atravesar o océano Atlántico.

Isabel Zendal, a reitora do orfanato e que acompañou os nenos naquela viaxe, está considerada, segundo a OMS, a "primeira enfermeira en misión internacional".

Baseada neste feito histórico, que fixo posible que a varíola fose a única enfermidade erradicada polo ser humano, a autora permítenos esculcar a miseria na que se vivía naquela época, e novela a vida dos nenos orfos, marcados pola hipocrisía da sociedade como "fillos do pecado ou "da deshonra", con poucas oportunidades dunha vida digna. O neno Ezequiel representa a esperanza, demostrando que, a igualdade de oportunidades, a orixe non debera condicionar o futuro das persoas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario