Nun ano sen data, nun lugar non tan lonxano como podíades crer, librouse unha gran batalla polo dereito a ler mitos clásicos sen que ninguén nos molestase.
Chegou o día, as tropas alineáronse, os deuses tomaron partido e axiña combatiron sen tregua as forzas do mal contra as forzas do ben nuha loita desigual.
Porén, nen por un momento perdimos a esperanza, a pesares da fatiga e o sufrimento: ao fin, a luz impúxose sobre a escuridade e Eos, a dos dedos rosados, volveu para traer a claridade aos mortais, e con ela chegaron o entendemento e as boas ideas.
Disfrutamos este curso os de 4º da ESO co libro Mitos griegos de Castalia, que desenvolve cada relato concisamente pero dun xeito atractivo, apoiándose en modernas e orixinais ilustracións. O alumnado non deixou de amosar interese segundo ían percibindo que os mitos da Antigüidade seguían tan vivos no mundo moderno como antano. E así xurdiron unha serie de traballos sobre mitos e vida cotiá.

Velaí algúns exemplos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario