O pasado martes 27 de novembro tivo lugar a segunda reunión do club. A obra que tivemos
que ler desta vez foi “Que Blanca más Bonita Soy”, a cal fala sobre a escravitude que durante moitos anos tiveron que soportar a xente de “raza negra”.
O libro tivo unha gran acollida, logrando non deixar a ninguén indiferente, e transmitindo unha mensaxe que (a pesar de non ser descoñecida) nunca ven mal recordar.
A obra chegou incluso a abrir un pequeno debate entre os integrantes. A causa: a actitude da protagonista.
Por outra banda defendíase que a nena, ademais de racista, tamén podería ser considerada
unha vítima da sociedade da época, pois era este elemento o que a “determinaba” a ser tan
clasista, xenófoba, etc. A outra postura defendida era moito máis dura coa nena protagonista e sostiña que esta era totalmente culpable dos actos que realizaba. Sen dúbida, a sociedade na que vivía fomentáballe ter ese punto de vista, mais é ela que ten a última palabra para decidir se apoia iso ou non.
Outro elemento que tamén atraeu a atención de moitos foi o xeito de actuar dos escravizados. Estes soportaban abusos inhumanos sen ningún tipo de oposición ou resposta. Incluso a protagonista se frustra co seu escravo porque este non se opón a ningunha das súas peticións.
O autor logra recrear a perfección como tras anos de sufrimento e alienación a moral dos
africanos conquistados fora reducida á unha mínima expresión. Considerándose eles mesmos inferiores aos “brancos”.
En conclusión, un libro fenomenal que expón temas sobre os que falar e reflexionar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario