Coa lectura dun dos contos máis famosos de Manuel Rivas comezou unha nova andaina neste club de lectura. Este curso imos intentar compaxinar dúas artes, a literatura e máis o cine: dúas linguaxes, dous códigos, dúas formas de facer arte.
Os alumnos de 3º C levaron a cabo unha pequena investigación nunhas sesións previas á lectura para entender o contexto socio-histórico dunha obra de ficción que reflicte e transcende un momento definitivo da nosa historia: que é unha república, como se organizaba a sociedade do ano 36, cales eran os costumes, cal era o panorama político do momento... Tamén leron outros contos de Que me queres amor? para situar e entender a historia cinematográfica e valorar axeitadamente a narrativa do autor.
Unha vez proxectado o film analizaron o tratamento que Cuerda, o director, fixo do conto.
Toda unha experiencia que esperamos repetir cunha segunda obra.
Emoción, tenrura, rabia, inxustiza, tristeza,comprensión foron os termos que os rapaces elexiron para definir a relación entre o neno Moncho e o seu mestre Don Gregorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario