A Flor Púrpura, da nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie, nárranos a historia de Kambili, unha adolescente que, coma nós, ten 15 anos. A súa familia é adiñeirada, vive nunha fermosa casa, vai a un colexio privado… Aparentemente a súa vida é feliz, mais o seu pai, un home de negocios moi exitoso, fervente católico, quere ter unha familia perfecta, que sexa a extensión do seu éxito; para logralo usa a violencia, contra a súa muller e os seus fillos, Kambili e o seu irmán.
Para nós foi un descubrimento a autora, parece como se na literatura, ao igual que ocorre datos macroeconómicos, o continente africano non existise, e menos unha escritora da África Subsahariana.
Pareceunos un relato moi valente, no que Kambili é quen de cuestionarse a sociedade nixeriana, o patriarcado, a violencia, a relixión, a corrupción política.
A autora danos unha visión feminista e reivindicativa dos dereitos das nenas e das mulleres en Nixeria, e por extensión no resto do mundo.
Por Olalla (4º ESO)