miércoles, 28 de abril de 2021

Un hilo me liga a vos, de Beatriz Giménez de Ory


Dende tempos inmemoriais a mitoloxía grega ten sido unha fonte inesgotable de recursos para a cultura en xeral. E non só para as artes e as letras, senón tamén, e cada vez máis, para a ciencia, con denominacións de enfermidades, fitónimos, elementos químicos, topónimos ou obxectos de todo tipo na vida cotiá que derivan dos nomes de deuses e heroes. 
 Por este motivo sempre consideraremos oportuno que o noso alumnado se ilumine con esas lecturas guiadas a través dun tempo mítico cuxas ensinanzas son universais e intemporais, dado que todos os mitos son narracións fundamentais que intentan dar respostas ás grandes preguntas da humanidade. 

 Por iso recomendamos o libro de Beatriz Giménez, que rezuma audacia en prosa e verso. Os mitos, neste caso, amósanse ben vencellados ás ilustracións e aos poemas como un todo, e iso o alumnado percíbeo. Deste xeito, foron quen de disfrutar moito coas lecturas e coas imaxes, descubrindo heroes e heroínas, monstros e divinidades que falan de amores e desamores, de rivalidades e de tristuras. E fiando, fiando, sobre todo, como di a autora, neste libro descubrirás que en realidade fala de ti.

miércoles, 21 de abril de 2021

Zorro, Los días felices e Travesía

 

Nesta ocasión, no club de lectura, limos tres albumes ilustrados, Zorro de Margaret Wild, Los días felices, de Bernat Cormand, e Travesía de Peter Van den Ende. A proposta sorprendeunos de inicio, por que tres libros, dous deles, pensamos para nenos, e o outro, Travesía, sen texto, só imaxe. 

  

 
 En Zorro!, a través dunhas imaxes moi expresivas, nun bosque calcinado, a autora amósanos a amizade que nace entre Urraca cun á queimada que lle impide voar, e Perro, que ao perder un ollo ten a súa visión mermada. Ambos sós e con limitacións, faranse amigos e así supliran as súas limitacións. Porén, pronto aparecerá o personaxe de Zorro que alterará esa amizade, pois síntese só e ten envexa do vínculo entre os amigos. 

   

  Por outra banda, en Los días felices, os protagonistas son dous
nenos, o narrador e Jacob, a través dos recordos do primeiro nárrasenos o tempo de felicidade e amor entre ambos nenos, porén, tamén da soidade e a nostalxia, pois, a partida de Jacob, sen dicir nada, deixa ao narrador preso da dor e a incomprensión, porén, tamén da esperanza. 

    

 
En Travesía, o protagonista é un barco de papel que navega no medio do océano. Durante a súa longa viaxe, atópase cos seres estraños, que rememoran, inevitablemtente aos mundo fantásticos de O Bosco, pasa entre manglares e enfróntase a unha tormenta devastadora, observa a beleza dunha aurora boreal, e a contaminación dunha plataforma petrolífera… e a súa viaxe remata nunha cidade, na que desembarcará o seu único pasaxeiro. Esta viaxe é unha alegoría da vida, dos seus lestrigóns e dos seus cíclopes, como dicía Kavafis.

     Os tres libros suscitaron un gran debate, cómo custou entender, de inicio, Travesía, pois estamos acostumadas a lecturas con texto de apios e a imaxe cústanos interpretala, como Zorro reflicte perfectamente as relacións humanas, sobre todo na adolescencia, e sentímonos moi certa de Jacob e o narrador de Días Felices, do seu tenro amor, e deixounos claro que a nostalxia, os recordos, tamén van conformando quen somos para ben e para mal.

Por Sonia, 1º BAC

martes, 13 de abril de 2021

Lo que pensamos, lo que hicimos, de Lea-Lina Oppermann

Este libro trata sobre un atentado en el cual una mujer armada (exalumna y disfrazada de hombre) consigue acceder a la clase de matemáticas de un curso de alumnos, quien ella previamente conocía perfectamente. La mujer obliga a los alumnos presentes a cumplirle varios deseos relacionados con la vida personal de los alumnos, para una vez leído el último deseo suicidarse. El libro nos presenta varias disyuntivas morales en el momento el que los alumnos tienen que decidir si abrir a la niña, o dejarla fuera, además de varios momentos de mucha tensión y desconcierto, por ejemplo en el momento que ordenan matar a un alumno.
 En mi opinión creo que este libro es muy interesante y llevadero. El aspecto que más me gusto de él, es el hecho de narrar un suceso trágico visto desde tres puntos de vista, el profesor, Mark y Fiona. 
 En cuanto a los personajes, con el que más me identifiqué fue con Fiona, debido a que en casi ningún momento puso en duda sus morales.
Por Olalla, 3º ESO

viernes, 26 de marzo de 2021

Ardalén, de Miguel Anxo Prado


O día 24 de marzo reunímonos o club de lectura de primeiro de bacharelato para realizar a último reunión do segundo trimestre e comentar o libro “Ardalén”, unha novela gráfica de Miguelanxo Prado publicada no 2012. 

 O título do libro é o nome dun vento que sopra dende o mar e que, segundo algunhas crenzas orixínase nas costas americanas. A través deste fío condutor, diferentes personaxes desenvolverán unha historia na que se entrecruzan as súas vidas. 

 O tema central da novela gráfica é a memoria: somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. En “Ardalén”, Sabela intenta reconstruír a historia do seu avó Francisco, emigrante que marchou a Cuba deixando en Galicia a súa familia, por medio das lembranzas de Fidel, que vive nunha aldea de Lugo. Pero hai máis fíos, outras persoas, outras memorias, que se van entrelazando neste proceso de recuperación. Porque tamén somos o que os demais recordan de nós.

 Como comentamos, nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, pero ademais rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo, pero quen non recorda, non vive. Ao mesmo tempo, “Ardalén” é un canto á natureza e un drama que ten que ver coa emigración de décadas pasadas, coa desconfianza cara aos estraños ou coa soidade da vellez. Está cargado de emoción e a historia tratada, lonxe de parecer tópica, sorprende nos seus momentos finais. O preciosismo no seu debuxo e os toques realistas que salpican todo o relato producen esta marabillosa obra. 

 Pareceunos a todas un relato fascinante sobre como os recordos poden configurar a nosa personalidade, con personaxes inesquecíbeis e a mestría dun dos mellores autores de cómic do noso país. Prado teceu unha historia salpicada de realismo máxico que queda plasmado grazas ao dominio dos pinceis, á expresividade dos seus personaxes e á cor tan viva que inunda as súas páxinas. Respecto a isto, fixemos varias aclaracións: a composición é sinxela, case sempre recorrendo a cinco viñetas cadradas de diferentes tamaños por folla, pero elixindo con coidado cando debuxar as máis grandes. 

 En conclusión, recomendamos a lectura desta novela gráfica xa que o guión desenvólvese paso a paso, sen grandes saltos, e dedicando unhas poucas páxinas en cada capítulo a episodios do pasado. Conforme vamos coñecendo o particular mundo de Fidel, aínda que teremos dificultades para diferenciar que é verdade, que recordo e que pura fantasía, vamos comprendendo novas cousas e as sorpresas sucédense con total naturalidade. Ao mesmo tempo, Prado introduce entre cada capítulo unha serie de documentos oficiais que revelan máis pistas sobre todo aquilo que se está a narrar, sementando a dúbida no lector de se está asistindo ou non a unha historia real, pero sempre cunha gran verosimilitude. 

Por  SOFÍA  (1º BAC)

miércoles, 10 de marzo de 2021

Sueños en el umbral, de Fátima Mernissi


 Escrito por Fátima Mernissi, es un libro que refleja la vida de una niña pequeña del último harén del Marruecos francés, en Fez. Este libro explica cómo era la vida de las mujeres de Marruecos y sus comienzos feministas. ;Es un libro bonito e intrigante cuanto menos, ya que son un conjunto de historias conectadas por un pequeño hilo, y en todas ellas la protagonista aprende algo nuevo.

Por Antía, 4º ESO

lunes, 1 de marzo de 2021

Imaxina animais,de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre


Xulio Verne dixo acertadamente que “cada quen vive no mundo que é capaz de imaxinar”, pero non todos temos esa capacidade innata dos grandes fabuladores. Se o noso mundo é pobre en imaxes poéticas, lúcidas e amables, a realidade podería volverse na nosa contra reproducindo deformidades ficticias que irán minando a nosa capacidade de percepción. Por iso é tan importante que os nenos lean, que descubran o idioma das imaxes – esas copias da realidade - e que aprendan non só o significado das palabras senón o seu sentido, abrazando denominacións coma quen abarca o mundo.
 Din que a imaxinación non ten límites e esa é a aposta de Ballesteros e Vidaurre: un excelente desafío de creatividade. As criaturas concebidas pola mente do narrador e o poeta gráfico desbordan inxenio e gracia: as tibulatas que afundiron o Titanic, as chaveíñas que non gardan segredos entre elas, a serpelleira que se acubilla nas fábricas textís e, sobre todo, eses platafiños que guían ás pateiras deixando un recendo a vainilla salgada. Sen dúbida, o aroma mesmo da Arte.

viernes, 26 de febrero de 2021

El corazón de las tinieblas, de J. Conrad

 


É unha novela gráfica de Miguel&Godart, que está adaptada a novela de Joseph Conrad. Iste exemplar, é unha das grandes obras do século XX e narra a través de ilustracións, a historia do valente Charles Marlow, que emprende unha viaxe dende Londres até o corazón das escuras augas do río Congo (África), para o salvamento e búsqueda do comerciante e colonizador máis importante de marfil, o señor Kurtz, que cae enfermo e desorientase; ademais, publica un escrito onde explica como ‘’civilizar’’ os africanos, onde se atopan comentarios racistas sobre a eliminación das persoas do continente africano. 
Miguel&Godart, mediante ista novela gráfica fan unha forte crítica sobre a crueldade dos colonos hacia os nativos e do imperialismo occidental. A reunión e comentario desta novela gráfica realizouse o 24 de febreiro de 2021, e en xeral, gustounos a todas as participantes do Club de Lectura. 
 Por Patricia , 4º ESO

martes, 9 de febrero de 2021

14 de J. Echenoz


Este libro trata a historia dun combatente francés da Primeira Guerra Mundial, Anthime, que ve como unha loita que se pensaba que duraría pouco, acaba transformándose nunha das maiores traxedias do mundo. 
Mentres compartíamos opinións, coincidimos en que a maneira que ten o autor de narrar a diferenza entre o antes e o despois da vida do protagonista é increíble. A maneira en que describe a horrible vida nas trincheiras ou a dor que persigue aos personaxes incluso cando conseguen volver a casa parece moi achegada á realidade. A todos nos pareceu un libro que describe moi ben as loitas psicolóxicas dos soldados, ademais da crueldade da guerra, que non distingue a ninguén.

 Por María, 4º ESO