Nesta ocasión, no club de lectura, limos tres albumes ilustrados, Zorro de Margaret Wild, Los días felices, de Bernat Cormand, e Travesía de Peter Van den Ende. A proposta sorprendeunos de inicio, por que tres libros, dous deles, pensamos para nenos, e o outro, Travesía, sen texto, só imaxe.
En Zorro!, a través dunhas imaxes moi expresivas, nun bosque calcinado, a autora amósanos a amizade que nace entre Urraca cun á queimada que lle impide voar, e Perro, que ao perder un ollo ten a súa visión mermada. Ambos sós e con limitacións, faranse amigos e así supliran as súas limitacións. Porén, pronto aparecerá o personaxe de Zorro que alterará esa amizade, pois síntese só e ten envexa do vínculo entre os amigos.
Por outra banda, en Los días felices, os protagonistas son dousnenos, o narrador e Jacob, a través dos recordos do primeiro nárrasenos o tempo de felicidade e amor entre ambos nenos, porén, tamén da soidade e a nostalxia, pois, a partida de Jacob, sen dicir nada, deixa ao narrador preso da dor e a incomprensión, porén, tamén da esperanza.
En Travesía, o protagonista é un barco de papel que navega no medio do océano. Durante a súa longa viaxe, atópase cos seres estraños, que rememoran, inevitablemtente aos mundo fantásticos de O Bosco, pasa entre manglares e enfróntase a unha tormenta devastadora, observa a beleza dunha aurora boreal, e a contaminación dunha plataforma petrolífera… e a súa viaxe remata nunha cidade, na que desembarcará o seu único pasaxeiro. Esta viaxe é unha alegoría da vida, dos seus lestrigóns e dos seus cíclopes, como dicía Kavafis.
Os tres libros suscitaron un gran debate, cómo custou entender, de inicio, Travesía, pois estamos acostumadas a lecturas con texto de apios e a imaxe cústanos interpretala, como Zorro reflicte perfectamente as relacións humanas, sobre todo na adolescencia, e sentímonos moi certa de Jacob e o narrador de Días Felices, do seu tenro amor, e deixounos claro que a nostalxia, os recordos, tamén van conformando quen somos para ben e para mal.
Por Sonia, 1º BAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario