lunes, 18 de enero de 2016

La extraña desaparición de Esme Lennox, de Maggie O`Farrell

En esa declaración de intenciones que son las citas literarias que abren numerosas lecturas y sobre las que pasamos  en muchas ocasiones por encima,  la autora adelanta lo que va a ser el leivmotiv de esta novela:"Mucha locura es divina cordura

 para una mirada sagaz. 
Mucha cordura, la mas rematada locura. 
En esto, como en todo,
 prevalece la mayoria. 
asiente, y te considerarán cuerdo,
disiente, y de inmediato serás peligroso

 y atado con cadenas"
 Emily Dickinson
Sí, estamos hablando de la cordura y de la locura de dos hermanas ya ancianas, una en un manicomio desde los 16 años, Esme, y otra. Kitty, enferma de alzhéimer  y libre.  Será la sobrina nieta de la primera- Iris- quien servirá de nexo de unión entre las dos y quién nos irá  ayudando a reconstruir este puzzle familiar con continuos cambios de puntos de vista, de espacios y de tiempos: la India, Edimburgo, el baile, ahora, antes.  Porque eso es la memoria. Y en ese echar la vista hacia atrás es donde el  lector irá  descubriendo ese secreto familiar que hasta Iris desconoce,  ese pecado tan inconfesable en aquella sociedad : decir sí o decir no, amar a quién quieras, tratar de ser feliz aunque las convenciones sociales te lo impidan.
"Papá, por favor, papá no lo volveré a hacer más"
Lectura recomendable, desasosegante en ocasiones, con dosis de intriga para querer descubrir el secreto de Esme Lennox.

El Rey Matías I, de JANUSZ KORCZAK

Este ano no club de lectura de lectura hai xente coñecida que repite un ano máis , pero tamén hai caras novas, e o primeiro libro que nos tocou ler chámase El Rey Matías I, escrito por Janusz Korczak, escritor de Varsovia que morreu en agosto de 1942 nun campo de exterminio nazi. Korczak, que foi médico e pedagogo, ademais de escritor, publicista e activista social, non quixo abandonar aos pequenos xudeus que estaban ao seu cargo no orfanato en Varsovia. Segundo contan algunhas versións, cando abandonaron o gueto camiño de Treblinka, os nenos marchaban en filas suxeitando a bandeira do Rei Matías I.

 No libro, Matías, é nomeado rei trala morte do seu pai. É todavía moi pequeno, non sabe case ler nin escribir, e está dominado tanto polos adultos como polo peso das tradicións. Vemos como o seu personaxe evoluciona, e transmítenos perfectamente a dificultade de ser rei, a soidade, “(...) Iba a ser rey, pero acababa de perder a su padre y ya no tenía a nadie en este mundo (...)”, as traicións, a complexidade da vida cortesá…

 O libro gustoulle á maioría, pese a que algúns non entendían como un neno podía ir á guerra, pero, si valoraron positivamente que tentara gobernar para os nenos, pero é os adolescentes?, cremos que se esqueceron deles. De calquera xeito, é un libro estupendo que recomendaríamos a calquera sen lugar a dúbidas, no que podes aprender a dificultade de ser rei,” (...) No lo entiendes Félix, ni siquiera nosotros los reyes podemos hacer siempre lo que nos gusta. (...)”, a falta de liberdade de Matías, que nin sequera podía ter amigos nin xogar cando e con quen quixese, e, sobre todo, da amargura e a soidade do poder, porque ao final repudiado por case todos, ve como perde aquelo polo que loitara.
 Por  Pablo, 4º ESO


La ciudad roja y rosa, de C. Frabetti


 É  un libro do autor italiano Carlo Frabetti. Este escritor, actualmente residente en España, é membro da Academia de Ciencias de Nova York, ademais de escritor e matemático. Publicou durante a súa carreira máis de trinta libros, destinados tanto a nenos e mozos como a adultos. Dous das súas novelas máis destacables son La magia más poderosa e Los jardines cifrados (novela anterior a esta, de estrutura e temática similar).

Foron escritos xa todos os versos posibles? Como poden minguar as cidades dunha muralla a medida que esta crece? Ten Alá un centésimo nome? Pódese considerar a lectura unha actividade degradante? Pode alguén abrazarse a si mesmo se a súa imaxe especular adquirise realidade corpórea? Estas só son algunhas das preguntas que se expoñen en cada un dos 43 capítulos deste libro, onde todos os temas tratados teñen que ver con ramas da ciencia ou datos interesantes de cultura xeral cuxas explicacións se expoñen de maneira sinxela, combinando literatura e ciencia e facendo que o lector se pare a reflexionar sobre os temas tratados.

Persoalmente gustoume moito este libro, podes aprender moitos datos e razoamentos novos, ademais de que os enigmas que nel se expoñen son bastante interesantes, o que fai que queiras seguir lendo o libro e non resulte pesado.
Por Alba L., 1º BAC

domingo, 13 de diciembre de 2015

Libros prohibidos ou de como facer que a xente nova lea

Non hai nada que nos atraia máis que o prohibido. Os seres humanos somos así, moito máis se se trata dos adolescentes. Nunca se leu máis que coa Inquisición ou na época da Guerra Fría.
Ocúltenlles os libros á rapazada e moverán Roma con Santiago para facerse con un deles. Pechen bibliotecas e clubs de lectura nos centros escolares e atoparán espazos onde manter reunións clandestinas para comentalos.
Se a pluma sempre foi máis forte que a espada, por Dios, a que están esperando? Prohíban os libros!!!
Esta foi a reflexión que fixemos no Club de Lectura do 1º Ciclo tras ler Prohibido leer a Lewis Carrol, de Diego Arboleda, libro que nos encantou e que nos permitiu coñecer personaxes históricos, ansias de liberdade, mentes intransixentes e obras prohibidas. Vexamos alguna delas:

miércoles, 25 de noviembre de 2015

84, Charing Cross Road, de Helen Hanf

Martes, 24 de novembro.
Hora da merenda.
Exquisiteces culinarias.
Biscoito de froitas de tempada (noces e mazás)
Flan de requeixo e leite condensado.
Dúas "mestras" reposteiras, Luisa e Inma.
Club de lectura ou club gastronómico?
Quizais "gastrobook"?
Un club "5 estrelas".
84, Charing Cross Road, de Helen Hanf súmase ás delicias da tarde. Un libro epistolar vivo, inxenioso, espontáneo, divertido...
Non naceu este texto con vocación de ser publicado porque é a correspondencia real entre unha escritora americana, ávida de saber e ler, e o seu libreiro, alén o océano.
Unha parella, inicialmente antagónica, (a orde fronte á improvisación; a pulcritude fronte á espontaneidade; o home fronte á muller; a americana fronte ao inglés;a familia fronte á soidade) que se vai aproximando ata estreitar lazos de sinceira amizade e complicidade. A relación mercantilista, de compra-venda de libros a distancia, tórnase nunha entrañable relación que se estende a outros empregados da libraría e tamén aos membros da familia de Frank Doel, incluída unha anciá veciña . A natureza desta metamorfose implica cambios de rexistro lingüístico no tratamento epistolar, mostras de solidariedade de Helen na dura posguerra inglesa na que está ambientada a historia...
Todo ao servizo do verdadeiro "leitmotiv" do texto: o amor profundo polos libros. Bibliófila e lectora, Helen é unha muller apaixonada pola historia, pola filosofía e pola literatura cunha insaciable sede de coñecemento.
Atopamos entre as liñas deste orixinal libro o humor, sarcasmo ás veces, da protagonista, así como a crítica velada á cultura americana ou a ironía da vida na historia de Helen.
Lectura fresca, breve, que reivindica o papel do libreiro como conselleiro e conseguidor de xoias librescas e consagra a súa autora como unha mestra "involuntaria" do xénero epistolar. Vinte anos de correspondencia que o lector disfruta letra a letra.

viernes, 20 de noviembre de 2015

La música del azar, de P. Auster

Un curso máis o club de lectura de adultos do noso centro comeza a súa andaina lectora na procura de novos camiños literarios. Volven, entrañables e amenas, as xuntanzas dos martes polas tardes arredor dun café e duns doces cargados de azucre e de agarimo, de coco e fraternidade, de lambonadas e pleitos literarios. 

 
Abrimos o ano cun libro de Paul Auster, La música del azar, que sen ser unha das súas obras de máis sona, é un libro que ben reflicte o imaxinario do seu autor. Somos donos do noso destino ou é o azar, o fatum, quen dirixe os nosos pasos na vida? É o diñeiro un elemento liberador na procura dese ansiado soño americano? Son as estradas que percorren os EE.UU unha metáfora da existencia humana? Formulámonos estas e moitas outras cuestións, mentres Jim Nashe, o protagonista, dá un xiro radical a súa vida. "Por azar" recibe unha herdanza inesperada que lle permite conducir un coche recén adquirido que se convirte no epicentro dun camiño sen retorno onde atopa  a outros personaxes perdidos ou desorientados.
Situacións kafkianas, mans de cartas onde se pon en xogo toda unha existencia, millonarios excéntricos que habitan unha casa misteriosa, muros que aíllan vidas ou sons dunha música cautivadora e purificadora, son elementos que conviven nunha novela entretida e recomendable na que o lector pecha as portas entreabertas que lle deixa o seu autor.

jueves, 19 de noviembre de 2015

El asesinato del profesor de Matemáticas, de J. Sierra i Fabra

Este libro é moi divertido e á vez aprendes moito.
 Trata dun grupo de tres amigos que son malos nas matemáticas e suspenderon un exame. O profesor fala con eles e lles da outra oportunidade pero é un tanto peculiar... pero moi divertida.
Os tres amigos vivirán unha aventura detectivesca onde terán que ir solucionando problemas co uso das matemáticas e acertixos de lóxica.
 A min gustoume moito, aínda que non leo este tipo de novelas, foi moi divertida e aprendín uns trucos moi chulos! Recoméndovola. 
Por Carmen, 2º ESO

domingo, 27 de septiembre de 2015

Nova convocatoria

Se ti es dos que che gusta ler que non queres que se acabe nunca o libro,
entón xa podes APUNTARTE
Pero se aínda tes dúbidas, escoita o que conta
A que esperas?