martes, 9 de abril de 2019

La pirámide de las necesidades humanas, de Carolina Solé

 

O día martes 9 de abril, no club de lectura reunímonos un grupo de alumnos de 3º e 4º para comentar un libro chamado: A pirámide das necesidades humanas.
   Este libro, que ten como autora a Caroline Solé, cóntanos a historia dun adolescente que fuxíu da súa casa vítima do maltrato dun proxenitor e atopou nas rúas de Londres o seu cobixo. O noso personaxe principal fai algún amigo e vive unha mala vida nas sucias rúas desta cidade.Todo isto mentres participa nun reality show que cuestiona a súa calidade de vida dependendo do nivel de satisfacción das súas necesidades básicas. A medida que vai superando os distintos niveis do reality pese a súa mala calidade de vida, aumentan as miradas críticas e o número de falsas amizades que se proxectan na ventá de “amigos”. 
    O libro podería dividirse en dúas partes. Por un lado mostraríase a verdadeira personalidade do protagonista, que é un soñador ó cal lle resulta difícil acostumarse á vida realista. Polo outro, veríase unha crítica á sociedade que vive do postureo e dos falsos amigos de Internet. 
   Na nosa opinion xeral “La pirámide de las  necesidades humanas” é un bo libro que transmite dunha forma facilmente comprensible os conceptos da pirámide de Maslow. Aínda que ás veces resulte algo aburrido polo seu carácter lineal, as reflexións sobre a vida, as necesidades excesivas da xente e a adición ás redes sociais que aparecen nel fan que pague a pena lelo.
Por Lucía, 3º ESO


No hay comentarios:

Publicar un comentario