domingo, 9 de noviembre de 2025

Problemas del primer mundo, de L. Pacheco

 Mentres tomamos un café con biscoito comentamos Problemas del primer mundo de Laura Pacheco, quen en sete capítulos reflexa fielmente a nosa socieade en historietas independientes dunha páxina. Toca todo: o traballo, as vacacións, a moda, a hipocresía, a adicción ás pantallas, a familia…

É moi breve, lese en nada, pero ás veces apetece reler algunha páxina para botar unhas risas, porque divertido é moito. É un compendio de pequenos “dramas” diarios que todos e todas sufrimos nalgún momento. En cada viñeta víamonos reflexadas algunha de nós ou víamos reflexados a algún do noso entorno. Así, os comentarios eran: “Esa son eu” “esa é a miña nai”, “o meu fillo fixo onte iso mesmo”... Pero tamén: “Moito me rin”, “preguntábanme na casa, de que te ris tanto?” ou “déixame ver, podo lelo?”. 

Por outra banda, para moitas foi un descubrimento moi interesante a novela gráfica, porque nunca leran ningunha. 



martes, 28 de enero de 2025

A culpa, de María Solar

 

Na reunión de xaneiro falamos sobre a obra dunha autora galega, María Solar, coñecida sobre todo pola súa literatura xuvenil.
 Porén A culpa é un thriller psicolóxico, cuxa trama vai desenvolvéndose ao tempo que Mirta Gondar conta no seu diario segredos inconfesables e feitos desgarradores, e Amanda fai pescudas sobre a vida desa señora Gondar, unha perfecta descoñecida á que atendeu unha soa vez na entidade bancaria na que traballa, e da que, inesperadamente, é a súa herdeira. Case dende o principio o lector decátase de que hai algo que non cadra. 
 Mirta escribe para expiar a culpa. Séntese culpable dos crimes cometidos pola súa amiga Marcela. Algunhas opinamos que tampouco coñece todos os seus crimes porque, é Marcela responsable da morte do seu home e do seu fillo? A personalidade posesiva e controladora de Marcela fai pensar que así foi. 
O máis sorprendente é o final, sen dúbida, e non parece consecuente co carácter de Amanda, pero por diñeiro algúns chegan a facer calquera cousa.
 Recomendamos todas, sen dúbida, esta obra de lectura doada e trepidante.