No Club, nesta ocasión limos unha adaptación realizada polo guionista Stéphane Miquel e o Debuxante Loïc Godart da novela 'El corazón de las tinieblas', escrita por Joseph Conrad no século XX.
Narra a viaxe do mariñeiro Charles Marrow dende Londres ata o centro do Congo, levado polas ansias de coñecer a Kurtz, un dos máis significativos comerciantes de marfil da época. Conrad busca facer, mediante esta viaxe realizada polo seu protagonista, unha forte crítica á brutalidade do imperialismo occidental e á crueldade dos colonos cos nativos, os cales eran considerados inferiores e obrigados a facer traballos forzados.
O relato foi inspirado no medio ano que pasou o autor nese mesmo lugar, xa devastado pola colonización do rei de Bélxica Leopoldo II.
Aos membros do clube de lectura pareceunos unha novela gráfica que, a pesares de ter moitas imaxes, foi de difícil comprensión, o que causou un gran impacto debido a que non estamos acostumados a ler este tipo de libros.
Tamén se falou que coa imaxes e as cores utilizadas nelas, pretendíase reflexar a barbarie do colonialismo europeo en África, como o tratamento recibido por parte dos colonos hacia os nativos africanos. Outro aspecto foi a posición do protagonista, o cal era un personaxe máis consciente do que estaba a pasar, pero a súa vez pensa que non pode facer nada.
E ,por último, falouse de que a muller era representada de diferente maneira dependendo da cor da súa pel, representando a realidade da sociedade da época. En definitiva gustoulles pero a complexidade da novela dificultou para algúns o entendemento da mesma.
Alba F. 2°BAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario