miércoles, 13 de noviembre de 2024

La nieta del señor Linh, de Ph. Claudel

 Lemos no club de nais e pais La nieta del señor Linh, un libro de Fhilippe Claude que, malia ter xa anos, ninguén lera agás quen o propuxo. Sorprendeu pola súa brevidade e intensidade. 


Discutimos respecto á saúde mental do señor Linh. Sofre demencia (confunde unha boneca cunha nena) e por iso, logo de valoralo, é recluído nun centro sen posibilidade de saír ou, máis ben, ten unha “loucura salvadora”, unha loucura que o salva da desesperación ante a terrible situación que vive logo da morte da familia e amigos (el anciano se llama Linh. Es el único que lo sabe, porque el resto de las personas que lo sabían están muertas). A boneca parece ser tamén, xunto coa bolsiña de terra, o asideiro ante  o desarraigo nun país tan distinto do seu e cunha barreira lingüística insalvable. Parece que o único que entende isto -regálalle un vestido para a nena- é o seu novo amigo, o señor Bark,  quizás porque tamén viviu unha perda importante. De feito, ao final, di:“ El anciano mira a su amigo y le sonríe. Estrecha la hermosa muñeca entre sus delgados brazos, la estrecha como si su vida dependiera de ello, la estrecha como estrecharía a su nieta”. Parece que xa non precisa ese elemento salvador.

Tampouco é un problema a lingua co señor Bark, xa que grazas á empatía poden comunicar sentimentos sen precisar palabras: cun “bos días” é suficiente. 

Outra cuestión que suscitou debate na reunión foi se é un libro “triste”. Á maioría fíxonos chorar pero, entre tanta dor, hai esperanza. Como di o señor Bark cando descubre que o amigo está vivo: “sí, se dice, puede que la vida sea también esto. De vez en cuando un milagro, oro y risas, y de nuevo la esperanza cuando crees que a tu alrededor todo es destrucción y silencio”

A conclusión é que non deixou indiferente a ninguén e fai pensar en tantos desarraigados lonxe da súa terra e dos seus en lugares puco acolledores e con lingua e costumes tan distintos, algúns, coma o señor Linh, fuxindo tamén dunha guerra.