O autor Martyn Beardsley sérvese deste sinxelo argumento para contar unha cómica historia de aventuras, a primeira dunha serie, acompañada polas ilustracións de Tony Ross e inspirada nos relatos do rei Arturo e os Cabaleiros da táboa redonda. O curto relato, que a pesares de estar dirixido a nenos busca atrapar tamén aos adultos coas súas bromas e xogos de palabras, é unha lectura rápida e doada, pero a vontade do autor de facer unha obra apta para pequenos e grandes fai que algunhas bromas queden fora da comprensión dos nenos, situación que aconteceu cos membros do club, mentres que o ton infantil da historia pode causar tedio aos máis maiores.
Non foi unha lectura que desagradara ao club, pero o consenso xeral foi que era ocasionalmente repetitiva e que non captaba o suficiente a atención como para continuar lendo a serie.