lunes, 19 de noviembre de 2018

Las brujas, de Roald Dalh


O pasado martes, 13 de novembro, tivemos a segunda xuntanza do noso club de lectura. Limos Las brujas, un libro de Roald Dalh. Deste autor xa leramos outras obras como Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate ou Dany o campión do mundo, que foron os primeiros pasos lectores da Secundaria.
Coma na sesión anterior, a profe invitounos a uns “cruasancitos” recheos de chocolate e unhas chuches que tomamos sentados nos sofás da biblioteca mentres falabamos do libro.
Esta lectura resultounos entretida porque descubrimos seres distintos aos humanos, as aventuras eran interesantes e as reaccións das personaxes eran cómicas e inesperadas.
 É a historia dun neno “anónimo”: como seus país falecen nun accidente de tráfico, el ten que vivir coa súa avoa que residía en Noruega. No testamento que deixaron seus país indicaban que debía estudar nun colexio inglés, por iso toda a historia se desenvolve en Inglaterra. A avoa era unha gran coñecedora das historias de bruxas e lle ensina a recoñecelas: Hai que estar moi atento ao pelo ( levan perrucas e se rascan continuamente), ás mans (sempre levan luvas), aos pés ( non teñen dedas), á boca (teñen saliva azul)… e poden estar en calquera lugar! Nas vacacións pensaban viaxar a un lago noruegués onde a avoa veraneaba cando era nena, pero ela enfermou e tiveron que cancelar a viaxe. Foron un hotel cercano e… aquí se hospedaban as bruxas que estaban celebrando a súa xuntanza anual! A partir de aquí, suceden toda unha serie de aventuras que acaban de forma inesperada e sorprendente: nenos e bruxas convertidos en ratos? Tes que lelo se queres saber máis e non quedar coa intriga!
Parécenos moi adecuado para todos os lectores e lectoras da ESO porque é entretido e intrigante. Ten un final aberto que daría para unha segunda parte. Chamounos a atención que nin o neno nin a avoa tiveran nomes e tamén a relación que había entre eles: a avoa converteuse en nai e pai.
Por Kevin, José Luis e Ulices.

No hay comentarios:

Publicar un comentario