Relátase nel, que unha semana antes da festa de entroido ,nunha clase, Sofía e Lupe coñecen o mito da Medusa. Días despois,chegada a celebración e pasada a noite son violadas nun monte afastado.
Máis tarde ,veránse afectadas polas críticas recibidas pola parte dos seus compañeiros ,onde se debatirá se a culpa de todo o sucedido a teñen elas ou os violadores. Así,Sofía e Lupe vivirán a súa propia historia do mito da medusa.
No noso club, á maioría dos lectores gustoulles o relato ,a maior parte delas rapazas ,xa que pensan que é unha historia moi real que abarca temas da actualidade e que hai valores moi importantes que deberían de estar sempre presentes. Porén ,unha persoa atopouno un pouco monótono e sen intriga que a animase a seguir lendo.
En canto aos personaxes ,gran parte dixo que os prefiridos eran Sofía e Rubén ,xa que ademais de ter un papel moi importante por separado ,a súa relación de amor era a máis intrigante. En cambio ,Lupe foi o personaxe menos querido ,debido a que na historia os seus repentinos cambios de actitude non foron moi apreciados polos lectores.
O libro de A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre, inspirada no mito de Medusa, cuxos cabelos se transformaron en serpes como castigo tras ser forzada por Poseidón, trata pois un tema de candente actualidade, por feitos como os de A Manada. Quizais por iso, e porque os rapaces e sobre todo as rapazas, sentímonos idenificados coas dúas protagonistas, Sofía e Lupe, en xeral gustou moito.
Na reunión do club,tamén falamos do estilo do escritor que describía todas as sensacións dunha maneira baixo algúns puntos de vista algo fría. Porén, fíxonos reflexionar sobre a importancia de pode axudar a unha persoa que pasara por situacións similiares xa que despois de algo tan traumático segue habendo vida, e esta historia axuda a velo.
Ademais, criticamos o papel da prensa que tomou protagonismo pola metade da historia e claramente violaba a privacidade das rapazas que foron agredidas sexualmente. Por outra banda, gustounos moito que as dúas rapazas depois de sofrir aquilo foran a denunciar, xa que é importantísimo avisar á policia se che pasa algo sí ou parecido, ti non tes a culpa, Recoméndovos este libro se queredes entretervos un ratiño e saber algo máis a cerca desta sociedade que tristemente aínda no século XXI existe.
Por Carmen, 4º ESO