Cuando pasé al otro lado del muro, foi o terceira lectura que fixemos no Club de Lectura, e, enn xeral, foi un libro que gustou a todo o grupo. A súa historia, capaz de poñerte a pel de galiña, cunha forma de ser narrada, que fai que te mergulles dentro das súas páxinas...
O personaxe que máis nos gustou foi o protagonista, Joshua, pola súa evolución ao longo da historia. Vive en Amarías, rodeada por un muro, e unha casualidade fai que comece a ter curiosidade por esa parede que o rodea, única separación entre él e os "asasinos" do outro lado. Durante a historia, vaise dando conta da cantidade de inxustizas que existen, de que a vida non era como lle facían crer e de que os asasinos non eran tal cousa. Ao outro lado, coñece a un grupo de persoas que cambiarán a súa vida por completo. Farano reflexionar e grazas a eles, o noso protagonista acabará por madurar.
O personaxe máis detestado por unha unanimidade foi o padrastro de Joshua, unha persoa manipuladora e egoísta, o seu propio ben é o único que lle importa.
O final é totalmente inesperado, moi duro, pero, na miña opinión, un dos mellores finais que existen. Faite reflexionar sobre a historia e a apreciar realmente as cousas que temos e que, moi probablemente, non valoramos como deberiamos.
Recomendo este libro se o que buscas non é un conto de fadas, senón un libro que che conta a crúa realidade no seu máximo esplendor.
Por Carlota Varela Adrio 3°ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario