A poesía é o xénero literario menos accesible para os rapaces, por iso este mes propuxemos como lectura no club Cuentos cruentos de Dino Lanti. “Eu non sabía que a poesía podía ser así (...), cría que tiña que ser sempre de amor ou desamor...xa sabes”, así resumía unha nena o que para ela supuxo o impacto entre o que esperaba e a realidade do lido. Polas páxinas do libro desfilan os sete ananos en paro; os tres “cerditos” hipotécanse para poder acceder a unha casa; unha Cenicienta obesa espera que a queiran pola súa beleza interior; o can Van Dog aspira a que a súa arte sexa recoñecida... En definitiva, unha visión humorística, crítica, irónica e as veces áceda da sociedade na que vivimos que poderíamos poñer en relación coas Cantigas de escarnio e maldizer medievais ou cos poemas satíricos de Quevedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario