martes, 17 de enero de 2017

Guía de O laboratorio do doutor Nogueira, de A. Fernández Paz

Para ler esta obra de Fernández Paz seguide, queridos lectores, as indicacións que se indican a continuación:
 - Facede unha lectura rápida (non tanto como tedes pensado…) 
- Situádevos no espazo (neste caso Galicia, onde se non)
 - E no tempo: (mergulládevos nun mundo real, pero albiscando sempre un espazo escondido ou apartado (vai ser o laboratorio) que ten o seu propio tempo.
 - Buscade unha fonte de información (a axudante Rosa Novoa)
 - Atopade o conflito a resolver (por que a xente é tan infeliz)
 - E dispoñédevos a aprender co desenlace (non vos dicimos sempre que non existen os superheroes e hai que asumir os errores propios?) 
- E buscade as palabras clave, por exemplo: 
 A de altruismo, ou entrega aos demais (iso pensa Nogueira, que tipo máis testán)
 B de Batman, ese científico benefactor (cuspidiño ao doutor, claro)
 C de clandestinidade, á que se ve arrastrado o xenio por outros científicos (serán celosos os tíos) 
 D de doutor Nogueira, o noso protagonista, un torpe visionario mesiánico (el non o sabe) 
 E de experimentos, para salvar a humanidade (aínda que todos lle saen ao revés) 
 F de fortuna, a que posúe o doutor sen a cal non se pode investigar (dillo aos mandamases do Goberno…) 
 E así ata que vos cansedes…
 Ah, e mentres disfrutades, facede un labor detectivesco: Fernández Paz aparece na súa obra como personaxe (quizais seguindo a estela de Unamuno?). Nada que ver, o escritor chairego co seu guiño cara a nós, os lectores, só procuraba mesturar realidade e ficción, desexando que maxináramos a cotío, porque da vida saen as historias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario