viernes, 4 de noviembre de 2016

Del color de la leche, de NELL LEYSHON

Con este libro inauguramos o Club de Lectura do segundo ciclo da ESO e BAC por este curso, e causou unha gran variedade de opinións, tanto pola crúa realidade que presenta, como pola tráxica historia que contan as súas páxinas ou porque os sentimentos que envorca a autora nesta novela son sorprendentes. Ten moitos datos que se poderían mencionar a favor, como a forma na que está escrita ou a sensibilidade, coma se a autora fose o propio personaxe, pero tamén ten as súa contras, como que sexa machista (considerando o punto de vista actual) ou a hipocrisía dalgún personaxe. 

Mary, unha adolescente en idade casadeira (é unha novela ambientada no século XIX, ou como ela di o ano do noso señor 18?), analfabeta e campesiña que, á parte de ter o pelo branco como o leite, nace cunha deformación na perna, e eses aspectos físicos condicionarán en gran maneira a súa vida, nunha familia moi pobre que loita pola supervivencia, e na que todas as mans son necesarias. Unha familia que non a quere, agás o seu avó, ata o punto de que é vendida polo seu propio pai para servir nunha casa rica. E nesa casa, Mary atopará a súa liberación, xa que aprende a ler, pero tamén a súa condenación.
Por  Abraham Pena Vila, 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario