miércoles, 20 de mayo de 2015

Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz

Ambientada na década dos cincuenta, Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz,  narra a historia do descubrimento dun esqueleto que se atopou enrolado nunha alfombra entre dous tabiques cando se estaba a facer unha obra no pazo dos Soutelo. Non se coñece o cadáver nin os motivos polos cales ten un furado na cabeza, quen o matou ou por que foi emparedado alí hai máis de cincuenta anos.
Así, Clara Soutelo, a protagonista da historia, tratará de desvelar o misterio seguindo unha complexa investigación que lle fará coñecer mellor o pasado da súa familia. Anos despois, sendo xa adulta, será cando se decida a contar toda esta historia.
Así, este libro resultou ter moito éxito entre os rapaces no tocante á historia e non tanto no xeito en que foi redactada que, segundo moitos dos presentes, fíxose aburrida e “pesada” por momentos.
Por outra banda, despertou un interesante debate entre as clases sociais na actualidade. Falouse de xente que na actualidade todavía se sente superior a outra unicamente por aqueles bens materiais que posúe, algo que moitos dos presentes comprenderon e co que se sentiron identificados, mentres que a outros os sorprendeu de cheo e recoñeceron que endexamais se deran de conta de que houbese esa clara discriminación social.
Moitos tamén chegaron á conclusión de que o gusto e amor pola lectura non vén dado tanto pola túa condición social senón polo que che ensinan de cativo, admitindo que a maioría deles len porque cando eran nenos alguén se adicaba a contarlles contos ou lerlles historias, e todos acabaron concluíndo coa importancia da defensa da idea “pan e libros”: alimentarse e culturizarse, xa que só así teremos un bo futuro.

Ainhoa (1º BAC)

No hay comentarios:

Publicar un comentario