domingo, 1 de marzo de 2015

La tumba de Aurora K, de Pedro Riera

O libro ‘’La tumba de Aurora K’’ do autor Pedro Riera, trata diversos temas durante o transcurso da novela. Céntrase bastante na personalidade e na forma de pensar do personaxe principal, é dicir, da protagonista Anna Pekar. Esta rapaza emprende unha aventura xunto seu pai coa fin de descubrir o pasado da súa familia. Nesa busca atopará unha verdade que fará que se cuestione toda a súa vida, ata o punto el punto de non saber quen é ela realmente, de onde é nin de onde vén.

Durante a reunión, as opinións que se expresaron foron bastante diverxentes. Como sempre, a algúns gustoulles máis cá outros, incluíndo a aqueles aos que “non lles pareceu interesante”, “non entendín nada” ou lles pareceu “un pouco rollo”. Porén,  todos chegaron á conclusión de que tratan temas importantísimos como son o racismo, a adolescencia, as amizades, a familia, as guerras e todo o que as acompaña, os réximenes totalitarios…
 En resumo, un libro muy completo, interesante e, ao mesmo tempo, un punto didáctico.

Por Mounia Ben Abrada (1ºBAC ) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario