lunes, 1 de diciembre de 2014

Universo Pitágoras, de Rocío Leira

Universo Pitágoras é un libro cunha temática especial: as matemáticas.
Desde o punto de vista da súa estrutura, está dividido en capítulos desordenados porque para doder continuar coa lectura é necesario resolver unha adiviña, cuxo resultado levarache ao capítulo que tes que continuar.
Desde o punto de vista do seu contido, narra a historia dunha nena chamada Xiana. O seu exame de matemáticas dá lugar a un soño no que ela ten que pasar por 7 mundos diferentes e conseguir unha chave, para o que ha de resolver unha adiviña. En cada mundo atoparase cos números capicúas, paradoxos, o código binario, os números pares, etc.
Na miña opinión este é un bo libro xa que o poden ler tanto as persoas ás que ler tanto as persoas ás que lles gusten as matemáticas ou non. E polo feito de que teñas que resolver un enigma para poder seguir lendo, fai que resulte entretido e divertido.
Por María Castro, 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario