domingo, 13 de marzo de 2016
lunes, 7 de marzo de 2016
Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados, de Ronseltz
Corría a década dos 90, cando un grupo de novos poetas galegos, Xoán C. Rodríguez, Serxio Iglesias, o Miguel A. Montes (Miki Nervio), Xabier Cordal e Manuel Cortés , empezaban a publicar a súa produción literaria en revistas como Ronsel. Posteriormente, baixo o nome de Ronseltz, (ron máis seltz) mostran unha escolma de poemas como froito dun traballo colectivo, xeracional ou, cando menos, de compañeiros de promoción. Non podemos identificar o autor de cada poema porque non están asinados, postura que insiste na idea dunha voz coral.
Estes autores teñen una formación filolóxica que apreciamos en moitos poemas, non só polos coñecementos adquiridos na súa andaina académica, senón tamén polas lecturas feitas ao longo da súa traxectoria persoal. O poemario é un percorrido mordaz, satírico e retranqueiro pola literatura galega, dende as cantigas (neotrobadorismo) ata autores contemporáneos, pasando polos movementos de vangarda ou os trazos fonéticos dalgunha zona ,como a gheada. Atopamos caligramas, chiscadelas ao refraneiro, imaxes, xogos cos recursos literarios máis ortodoxos… e todo baixo a lupa do humor máis acedo.
Un poemario que ben podía cumprir o papel de guía pola nosa literatura para os estudantes, con humor, sen corsés, de forma divertida, sen por iso esquecer o peso do culturalismo deste exemplar literario.
Dous poemas para abrir boca.
Barcarola
Que hai mariñeiro no fondo da alma?
Que levas nos ollos espellos do mar?
- Maraghota!
Galiza
Todo na miña terra é paisaxe
Menos traxe,
paxe
e garaxe.
Casa de muñecas, de H. Ibsen
Que revulsivo social debeu ser o estreo desta peza de teatro no Copenhague de 1879! Unha muller dunha familia burguesa educada para obedecer os mandatos dos homes da casa, rebélase na busca de si mesma! Estamos falando do século XIX? Pois si, fai máis de 140 anos e o tema da autonomía persoal ou liberdade individual da muller segue levantando ampolas. Máis actual do que nos gustaría.
Nora, a protagonista, vive felizmente casada con Torvaldo e cos seus tres fillos nunha situación de mellora social, van ascender o seu home no banco no que traballa. Todo sería magnífico de non ser por un feito do pasado que condicionará o presente, un segredo polo que vai ser chantaxeada e criticada dentro do ámbito familiar e social. Esta situación leva a Nora a cuestionar cal é o seu papel como esposa, como filla e como madre, é dicir como muller da súa época. O desenlace é realmente sorprendente.
Para o lector actual a evolución emocional da protagonista é demasiado rápida, precipitada, pero tamén é certo que o teatro ten as súas características propias para o desenvolvemento da acción, como por exemplo, o tempo da representación ou a típica estrutura tripartita de presentación, nó e desenlace . Non é unha novela, é parte do mérito na elección do xénero literario, pero permítenos ver con precisión o problema analizado e asómbranos o desenlace. Nun contexto social, ideolóxico, económico como o que rodeaba a Nora, a muller tiña un papel secundario, coidaba dos fillos, da casa, do marido … e todo era perfecto mentres non se formulara nada distinto e acatara de forma obediente o seu destino. Nesta obra, Nora tampouco houbera reaccionado de non poñerse de manifesto a ingratitude e o egoísmo do universo masculino que a rodea, que lle nega a condición de tomar decisións polo ben familiar e invadir así o rol masculino da resolución de calquera conflito familiar ou a protección dalgún dos seus membros, e moito menos dun varón.
Magnífica obra de teatro de lectura fácil e amena, emocionante e de “parada” para a reflexión. Transcende a súa época e convértese nun texto fóra de tempo e espazo, un clásico.
viernes, 19 de febrero de 2016
A derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila
A dúbida asalta o lector dende as primeiras páxinas deste orixinal relato. É Emma Olsen , a protagonista, unha escritora real que Berta Dávila rescatou como inspiración para esta novela? É un personaxe de ficción con ambición de superar a verosimilitude? O lector queda atrapado nun xogo de perspectiva narrativa moi orixinal. Nos derradeiros días da súa vida, afectada por una enfermidade terminal, Emma decide voltar, en compañía da súa filla, á súa vila natal, Faith, unha cidade enclavada no Medio Oeste norteamericano.
O lugar de nacemento convértese nun lugar de confesión final antes da chegada dunha prematura morte. Contribúe a revivir e a explicar os feitos que alí sucederon e que a protagonista necesita expiar.
De profesión escritora, Emma deixa así escrita a súa derradeira obra de carácter biográfico cunha finalidade claramente catártica. Asistimos á descrición do lugar como o prototipo dunha monótona cidade americana na que parece que nada ocorre, que asfixia os seus habitantes de inacción, pero que promove paixóns incontroladas que levan á traxedia. As relacións persoais na adolescencia, sobre todo a amizade con Clarissa, conceden á novela un toque íntimo e intimista. É a adolescencia tamén, a etapa na que a protagonista descobre a Literatura da man do profesor Montana que a introduce na maxia da lectura e tamén da escritura. Todo este necesario “flash back” na vida de Emma está inzado de interesantes reflexións por parte da narradora e tamén dalgúns personaxes.
“Xa había tempo que comezara o curso, lémbroo ben porque o señor Montana e máis eu falamos naquela merenda dun libro de Anne Sexton que el me emprestara. É curioso como se recordan os libros con detalle cando se compartiron con alguén que significou algo para nós”
Unha lectura novidosa desde o punto de vista formal e interesante pola evolución psicolóxica dos personaxes que tecen unhas relacións complicadas e sorprendentes.

miércoles, 17 de febrero de 2016
El tío Petros y la conjetura de Golbach, de A. Doxiadis
O autor deste libro, Apóstolos Doxiadis (Australia, 1953), é un matemático e escritor grego. Comezou os seus estudos na Universidade de Columbia e, máis tarde, se graduó en matemáticas aplicadas ao sistema nervioso en París. Con todo, é máis coñecido pola súa faceta como director de cinema e novelista. Nas súas novelas combina ficción con temas matemáticos.
O protagonista deste libro é un mozo grego que descobre por casualidade que o seu ancián tío Petros ,que agora reparte o seu tempo entre o seu xardín e o xadrez e que é comunmente denominado como a ovella negra da familia, foi no seu tempo un gran matemático; catedrático das mellores universidades e amigo dalgúns dos mellores matemáticos do século XX.

A partir deste momento, o protagonista tentará desvelar o por que do retiro voluntario do seu tío e de que, a pesar do seu indubidable talento, non chegase a publicar nada relevante no campo da investigación matemática. Ao mesmo tempo, a súa fascinación polo seu tío lévao a intereresarse polas matématicas.
Con todo, o seu tío non está disposto a permitir o seu fracaso e pídelle que demostre unha aparentemente sinxela proposición matemática para determinar se ten realmente un talento excepcional cos números. A pesar do seu traballo, o mozo é incapaz de demostrar a proposición e o seu tío obrígao a asinar un documento no que xura que xamais estudará matemáticas. O que o non sabía aínda era que a proposición que o seu tío lle expuxo non era outra que a conxectura de Goldbach, un dos maiores enigmas das Matemáticas e ao que o seu tío dedicou toda a súa vida sen aparente resultado.Pareceunos un libro moi interesante que, máis que tratar a relación entre tío e sobriño, trata a relación do home coas matemáticas, unha relación que pode ser fonte de éxito pero tamén de fracaso. Por outra banda, é un libro moi fácil de ler, xa que, aínda que trata temas matemáticos complexos, explícaos con gran sinxeleza e en ningún momento pérdesche na trama.
Por Alba R., 1º BAC
viernes, 12 de febrero de 2016
Cuando pasé al otro lado del muro, de WILLIAM SUTCLIFFE
Hoxe reunímonos para falar dun libro que nos impactou, Cuando pasé al otro lado del muro, de William Stucliffe: O título chamounos, en xeral, a atención, pensabamos que ía de pantasmas, o mundo paranormal…, pero non, o tema é moito máis serio e actual.
No libro, o protagonista, Joshua, vive en Amarias, unha cidade que a maioría de nós enseguida relacionamos co Oriente Próximo, e fala dun muro, físico e mental. Físico, porque separa aos teóricos civilizados, dos supostos violentos que viven ao outro lado; pero, é sobre todo un muro mental, porque separa dúas civilizacións que no canto de tentar entenderse loitan entre si, nun círculo sen fin de represión-violencia-represión.
Joshua, que non é feliz coa súa situación familiar, entra dun xeito fortuíto en contacto co o outro lado, e, con curiosidade e unha certa dose de inxenuidade, decide tentar entender a Leila e a súa familia, aqueles cuxa vida, moi dura, desenvólvese no
outro mundo. Nesa postura de tolerancia, diferénciase claramente da súa nai, representación daqueles que negan a realidade (“non hai más cego que aquel que non quere ver”), e por suposto do seu padrastro (representación do odio sen sentido).
O que máis nos chamou a atención foi ver a evolución de Joshua, este pasa desa postura de comprensión a unha de compromiso, coidando o horto da familia de Leila, levándolles comida, e finalmente tentando axudarlles, ata tal punto que cambiará a súa vida para sempre. Pero, como di o protagonista: “Intenté ayudar y fracasé, pero puedo intentarlo otra vez, y puedo seguir intentándolo y, si vuelvo a fracasar, puedo intentarlo una vez más”.
Os rapaces de 2º da ESO fixeron na materia de Cidadanía un traballo sobre os muros, porque, por desgraza, multiplícanse non só fóra de Europa senón dentro dela. Se queres afondar no tema só tes que premer aquí
miércoles, 10 de febrero de 2016
Ciudad de huérfanos, de AVI
Nova Iork, ano 1893. A revolución Industrial leva uns anos en marcha e o mundo está inmerso nunha transformación que cambiará para sempre o noso modo de entender a vida. Pero, a que prezo?
Hai fábricas por doquier, as chimeneas contaminan a cidade e non se pode ver ben nin respirar.
Os nenos vense obrigados a traballar por uns peniques, pero o traballo de toda a familia non garantiza o benestar.
A xente enferma e non pode pagar un tratamento axeitado, hai miles de orfos que viven na rúa…
Parece unha historia de tempos remotos, un conto triste, violento e aleccionador; pero nada máis lonxe da realidade. Millóns de persoas viven nas mesmas extremas condicións que os protagonistas deste libro, son xente marxinada, sen dereitos, explotada…pero con anhelos e soños.
Se Dickens levantase a cabeza!
A paisaxe de Ciudad de huérfanos é dickensiana: os mesmos ambientes míseros, as mesmas casas insalobres, os mesmos nenos tísicos e malnutridos…mais tamén fraternidade e amor.
Denuncia, esperanza e humor a partes iguais: esta é a grande herdanza do mestre.
Por iso non debes perderte as nosas recomendacións:
lunes, 18 de enero de 2016
La extraña desaparición de Esme Lennox, de Maggie O`Farrell
En esa declaración de intenciones que son las citas literarias que abren numerosas lecturas y sobre las que pasamos en muchas ocasiones por encima, la autora adelanta lo que va a ser el leivmotiv de esta novela:"Mucha locura es divina cordura
para una mirada sagaz.
Mucha cordura, la mas rematada locura.
En esto, como en todo,
prevalece la mayoria.
asiente, y te considerarán cuerdo,
disiente, y de inmediato serás peligroso
y atado con cadenas"
Emily Dickinson
Sí, estamos hablando de la cordura y de la locura de dos hermanas ya ancianas, una en un manicomio desde los 16 años, Esme, y otra. Kitty, enferma de alzhéimer y libre. Será la sobrina nieta de la primera- Iris- quien servirá de nexo de unión entre las dos y quién nos irá ayudando a reconstruir este puzzle familiar con continuos cambios de puntos de vista, de espacios y de tiempos: la India, Edimburgo, el baile, ahora, antes. Porque eso es la memoria. Y en ese echar la vista hacia atrás es donde el lector irá descubriendo ese secreto familiar que hasta Iris desconoce, ese pecado tan inconfesable en aquella sociedad : decir sí o decir no, amar a quién quieras, tratar de ser feliz aunque las convenciones sociales te lo impidan.
"Papá, por favor, papá no lo volveré a hacer más"
Lectura recomendable, desasosegante en ocasiones, con dosis de intriga para querer descubrir el secreto de Esme Lennox.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)