lunes, 16 de diciembre de 2013

Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro

Cidade versus aldea, ou como non renegar das nosas orixes. Iso foi o que nos impulsou a recomendar esta lectura ao alumnado do noso Centro, de cultura urbana na súa maioría, e o primeiro tema que saíu a relucir no debate que mantivemos antes das vacacións. Nun principio, as alumnas pretendía amosar una especie de afastamento cultural, intencionado as máis das veces, co cal non recoñecer que gran parte delas segue a ter aldea propia e familiar e que a nosa cultura continúa a ser labrega, como  puideron confirmar trala lectura do Tonecho.
 Algo que quedou claro foi que o amor pola natureza e a solidariedade entre as xentes estaban máis arraigados na aldea, que a tradición non só mandaba nisto senón tamén na memoria e de aí a importancia de recoller as historias que contan os nosos maiores antes de que se perdan: os mitos e as lendas de Galicia, pero tamén os acontecementos reais, como o do home-lobo de Allariz, aqueles sucesos que levaron ao noso autor a escribir este libro.
Pasado e presente, en suma, que se mezclan na figura do protagonista, pero tamén futuro porque na aldea globalizada na que vivimos xa ningún neno é distinto a outro.

Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro

Tristes armas, de Marina Mayoral

Tristes armas, de Marina Mayoral

Nesta ocasión, os alumnos maiores das Estantigas lemos Tristes Armas de Marina Mayoral.

No libro coñecemos a Guerra Civil pero dende o punto de vista da retagarda, dos que sufriron a Guerra aínda que non combateron directamente nela. Tal é o caso de Harmonía e Rosa, “nenas da guerra”, exiliadas en Rusia, ou da súa nai. Pero, a pesares do conflito bélico, da perda do pai/marido, da nostalxia, da represión trala guerra, Tristes Armas é unha historia de amor, reflectida na carta que as dúas nenas envían a súa nai, no namoramento de Rosa e León, na axuda que dos amigos se prestan mutuamente, a pesares de pelexar en bandos contrarios e, na loita dunha nai, Carmiña, pola supervivencia e por tentar reunirse coas súas fillas.

En definitiva, é unha crítica ás guerras que separan e que alimentan odios e bagoas, e un canto a esperanza que sempre supón o triunfo do amor.

domingo, 8 de diciembre de 2013

La nieta del señor Linh, de Ph. Claudel

        Hoy en nuestra reunión comentamos  La nieta del señor Linnh, del escritor Ph. Claudel.  Es una novela breve pero intensa, conmovedora, con una prosa sencilla, lírica, sugerente, en la que se tratan temas como la inmigración- “Cuando el señor Linh subió a bordo con una multitud de gente parecida a él, hombres y mujeres que lo habían perdido todo (…)”, el exilio, la incomunicación –“las palabras no le herirán”-, la soledad  o la amistad.
        Página a página el lector empieza también su particular viaje , pues tampoco sabemos de dónde partimos y adónde vamos. Poco a poco nuestra travesía se vuelve inquietante pues  te pone en la piel del señor Linh, ¿qué habríamos hecho, cómo viviríamos en una situación parecida, en un país desconocido cuya lengua, su cultura, sus costumbres son tan distintas a las nuestras?; ¿quizá habríamos conocido también la amistad sin palabras, solo llena de gestos, de un señor  Bark? Y avanzas línea a línea hasta llegar a ese conmovedor y fatal final que a ninguna dejó indiferente, porque todas nos pusimos en la piel del señor Linh, porque  sabemos  frágiles .
       Una novela altamente recomendable

Biografías


          
Por que biografías? Preguntou a rapazada cando lles ofrecín esa posibilidade. Non tardaron en contestarse a si mesmos: a vida dos demais interésanos sobremaneira, e moito máis se se trata de personaxes xenreiros da historia universal. O xénero biográfico non ten por que ser aburrido, todo o contrario; ademais de información valiosa sobre épocas antigas e civilizacións perdidas, estes libros aportan todo tipo de anécdotas e curiosidades que nos agradan e entreteñen. Nin que dicir ten que os alumnos se apaixoaron coas aventuras de Marco Polo ou cos descubrementos do gran Arquímedes, coas capacidades artísticas de Leonardo e a perseverancia de Galileo; tampouco quedaron atrás as grandes mulleres como Hipatia e Curie, exemplos de determinación e altas capacidades. En fin, que todos estiveron de acordo en afirmar que aquelas biografías constituíron unha fonte de inspiración motivadora para as súas metas futuras dado que en todos os casos se trataba de persoas cunha grande capacidade de esforzo e superación. Sen dúbida, modelos de conducta para o noso alumnado.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

¡Qué blanca más bonita soy!

¡Qué blanca más bonita soy! , este é o libro co que decidimos comezar a andaina do club de lectura por este ano. Os profesores xa o leran e suscitara entre eles unha profunda discusión sobre o tema que o libro trata: a escravitude. A cuestión estaba en como reaccionarían ante a lectura adolescentes de 15 e 16 anos. E non podemos dicir que lles gustara, máis ben impactounos. Algún comparou o mercado de escravos coa feira do gando do seu pobo. ¡Impresionante e certeiro!; outras nenas amosaron o seu desconcerto ante a actitude acrítica da protagonista, non entendían por que aceptaba ter como regalo un escravo, Koko, nin por que o trataba tan mal. Tamén amosaron o desconcerto pola actitude da nai da protagonista, esa aceptación das infidelidades do seu marido e, en definitiva, do seu papel nunha sociedade no que a muller está subordinada ao marido. Algún outro, sen embargo, non cría nada do lido, parecíalle imposible, froito dun soño... Bendita inocencia!