A novela está ambientado nunha escola dos suburbios da cidade de París amósasenos un pouco a vida dun profesor de francés, que debe ensinar a moitos adolescentes coas mesmas poucas gañas que el de estar nese lugar. O comportamento do alumnado fai que a moral deste profesor mal pagado acabe polo chan. Demasiadas culturas agrupadas nun pequeno espazo crean o microcosmos dunha Francia contemporánea.
Aínda que sendo un libro cun tema psicolóxico que a dicir verdade nos incumbe bastante, non foi un libro que gustase moito, mais que nada pola maneira de contarse que outra cousa, porque o libro resultounos pesado de ler e fixo que non nos gustase demasiado. Aínda así, na reunión discutimos como nos sentiamos nós, que estudamos nun instituto cunhas realidades sociais moi distintas ás dos protagonistas, con respecto ao ensino-aprendizaxe, as relacións cos compañeiros e a nosa vida como adolescentes.
Esta historia foi levada polo director Laurent Cantent á gran pantalla. Aquí podes ver un tráiler da
mesma.
Por Abraham, 1º BAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario