martes, 12 de diciembre de 2023

Un mundo feliz, de A. Huxley

 Aldous Huxley proxecta nun  mundo feliz unha realidade utópica na que os nenos non nacen dunha nai,


senón dunha probeta, onde non hai amor, senón luxuria e desenfreo, onde non hai loita de clases, senón só conformismo. En suma, unha sociedade onde todo o que nos fai humanos desaparece.

Neste contexto entre en xogo "o salvaxe", un personaxe que vive illado do mundo feliz e que provoca que se cambaleen os  cimentos d este a o representar o impulso vital, o lado máis primitivo e orixinario dos humanos.

Este choque entre os dous mundos vai precipitar a destrución do  salvaxe, nunha apoteósica escena final.

A opinión sobre o libro foi bastante variada, sendo criticada por algúns e encomiada por outros. Do que non cabe a menor dúbida é da súa condición de clásico, que o encumbra a unha posición de prestixio dentro da literatura distópica do século XX.

Por Beatriz, 1º BAC

Noite de temporal, de Núñez Singala


No club de lectura lemos o libro Noite de Temporal, de Manuel Núñez Singala, que trata sobre o afundimento do Santa Isabel na costa da illa de Sálvora, a comezos da década dos vinte do século pasado, e de como a xente do lugar fixo todo o posible para salvar á maior cantidade de xente, incluso nas circunstancias de estaren en plena madrugada ás escuras e con néboa. 
Neste relato, baseado en feitos reais, tamén se narra como as mulleres da illa deciden aventurarse e tomar parte no salvamente pese ás ordes dos seus esposos, pais… de quedaren en terra coidando dos nenos.
 Foi un libro que causou certos encontros en canto ao placenteira que foi a lectura, pois á vez que gustou moito polo ben contada que está a historia, tamén produciu algo de fastío pola dificultade do vocabulario mariño e a prolongación que tiñan algunhas escenas que, paradoxicamente, permitiron empatizar moi ben cos personaxes. 
Pese a estas pequenas obxeccións, é un libro que recomendaría, pois reflicte moi ben como a xente da costa está acostumada a este tipo de situacións e saben actúar ante elas e, non só iso, tamén mostra moi ben como funcionaban as cosas antano, sen tantas tecnoloxías nin facilidades como as que nós coñecemos e ás que estamos acostumados, e nunca está mal saber un pouco máis do noso pasado, ademais de axudar á nosa comprensión lectora en galego. 

Por Olivia, 3º ESO

jueves, 7 de diciembre de 2023

Ana y la Sibila, de ANTONIO SANCHEZ ESCALONILLA


Ana y la Sibila é unha obra fascinante que nos mergulla nunha historia rica en mitoloxía, misterio e reflexión sobre a natureza humana. A autora lévanos a través dunha viaxe que conecta o presente co pasado antigo, e o real co místico.
 A trama segue a Ana, unha moza cuxa vida ordinaria dá un xiro inesperado cando descobre un antigo manuscrito que a leva a desentrañar os segredos da Sibila, unha figura enigmática e profética da antigüidade. A medida que Ana bucea nesta procura, atópase con personaxes intrigantes e enfronta dilemas que desafían o seu entendemento do mundo e de si mesma. 
Un dos aspectos máis destacados desta obra é a forma en que a autora entrelaza a mitoloxía coa narrativa moderna. Os mitos antigos non só serven como un transfondo decorativo, senón que se integran profundamente na estrutura da historia, proporcionando contexto histórico e filosófico que enriquecen a lectura. 
Os personaxes están marabillosamente desenvolvidos. Ana é unha protagonista coa que é fácil empatizar; a súa curiosidade, valentía e vulnerabilidade fana real e próxima. A Sibila, doutra banda, é un personaxe que encarna o misterio e a sabedoría, e a súa interacción con Ana é abrirlle portas a reflexións profundas sobre o destino, o coñecemento e o poder. 
A ambientación do libro é outro punto forte. As descricións son vívidas e detalladas, transportando ao lector a paisaxes antigas e modernas con igual facilidade. A autora ten un talento especial para facer que cada escenario cobre vida, desde as rúas dunha cidade contemporánea ata os antigos templos e paisaxes mitolóxicos.
 En resumo, Ana e a Sibila é un libro ideal para aqueles que gozan das historias que combinan elementos históricos e míticos cunha narrativa actual e profundamente humana.