lunes, 21 de marzo de 2022

Nós outras, de Marica Campo e Menchu Lamas


Está claro que o mundo está cambiando, todos o vemos, e xa non hai verdades absolutas nin dogmas definitivos, aquilo que servía para o século XX, xa non serve para o XXI: unha gran corrente atravesa as nosas conciencias e debemos mergullarnos nela para lograr un mundo mellor. As condicións sociais e económicas seguen a mandar neste mundo mercantilista, por suposto, igual que a orixe de cada quen, pero están a xurdir fluxos de pensamento que non impoñen, que non discriminan, que non obrigan. 
Os nosos nenos e nenas viven xa nun mundo global. Deberían empezar a reivindicar as diferencias e a priorizar os sentimentos, os propios e os alleos, sen xulgalos. Chámase RESPETO. 
Neste fermoso libro cargado de cores, de luz, de poemas fráxiles e sinxelos, nótase que as autoras saben do que falan. A tolerancia é a base da Civilización con maiúsculas, dado que cada individuo é diferente e único. Non debemos esquecelo.

sábado, 5 de marzo de 2022

In Memoriam , de Pepe Carballude

 Nesta reunión do club, falamos de In Memoriam, de Pepe Carballude. Este libro é unha novela histórica,


que trata sobre unha escavación no antigo parque da cidade, realizada polos  voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, onde se cre que están o corpo dun home fusilado durante a Guerra Civil española. 

Pero, esta escavación fará que xordan á luz vellas loitas e xenreiras, avivando odios que parecían enterrados como o cadáver.

A nós fíxonos ver paralelismos entre este conflito e o que ocorre actualmente en Ucraína, pensamos que o mundo esquece as vítimas, porque as enterran en foxas comúns, como o exército ruso fai cos soldados e civís ucraínos. Polo tanto, pensamos, este libro chama a rememoralos, a non esquecelos, de aí o seu título: In Memoriam

Por Diana (3º ESO)