(Lugo. Remata xaneiro do 2019. Seis alumnos do 2º de PEMAR enfróntanse, por vez primeira, á lectura dunha obra de teatro. Biblioteca escolar do IES Xoán Montes. Sofás claros colocados en esquina, coxíns vermellos a xogo cunha pequena mesa de centro e algún puf. Alfombra de cores e paneis xaponeses ao fondo. Escóitase unha música lonxana)
Menuda sorpresa esta de ler teatro! Repartimos papeis e lemos "La comedia Borja" de I. Moreno.
Pasámolo xenial con esta comedia!
O bo de Borja, un campesiño, suplanta a identidade do verdadeiro Conde de Borja e, despois de mil enredos, piratas e rap incluídos, o protagonista toma moi boas decisións para o pobo de Gandía.
DESCANSO
Pasámolo tan ben, foi tan entretida a función e gustounos tanto iso de interpretar que decidimos ler outra máis.
Representación de "Se suspende la función" de F. Lalana.
A mesma escenografía e actores.
Un grupo de traballadores dun teatro - tremoístas, limpadora, taquilleira,...- deciden improvisar unha obra porque os actores non acoden esa tarde á función. Entre idas e voltas conseguen o seu propósito, pero cun final un tanto amargo: non evitan o peche do teatro.
Contos tradicionais, música dos 60 e ata Vespinos cólanse nesta comedia, en procura dun resgos humorísticos que arranca do "respectable" algo máis cun sorriso.
Rematado este descubrimento teatral con tan exitoso final, quedan as portas abertas para unha nova representación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario