Verne non necesita ser ficcionado, pois a ninguén se lle escapa que el xa foi en vida un personaxe de novela: viaxeiro incansable, explorador do mundo, aventureiro e visionario. Non precisamos velo como o gardián de segredos ancestrais en lugares ignotos, dado que a súa obra e a súa intuición nos abruman e sorprenden.
Pero esas son as licencias literarias da imaxinación: pódese mesturar ficción e realidade a partes iguais, botar man de personalidades reais e inventadas, de localizacións auténticas e ficticias.
Na obra de Ledicia Costas resultan interesantes as referencias históricas (un dos seus personaxes, Antonio Sanjurjo, foi un inventor coruñés que probou con éxito un prototipo de submarino) e a ubicación da narración en Vigo (Jules Verne visitou a cidade galega en varias ocasións) é un guiño aos lectores novos que resulta atinado.
Pero a historia trascende a realidade, e nun alarde de verdadeira inventiva verniana, Costas lévanos a illas máxicas acompañando a unha estirpe de mulleres fabulosas que derivarán en plantas (como Dafne
, como Mirra, como Sido…). Aínda que non nos quedaremos só en metamorfoses clásicas, pois a pretensión da autora ao longo das páxinas é ofrecer transformacións persoais de todo tipo, máxicas algunas, outras reais, onde todos podemos recoñecernos: o paso da infancia a madurez, a mudanza da amizade en amor, a conversión do temor en fortaleza…
Dafne por Jakob Auer. |
En fin, unha homenaxe a Verne, que nunca está de máis, con firmes valores morais, aventura e lirismo.
E os fans dos xenios visionarios que visiten esta páxina e xa me vades dicindo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario