lunes, 4 de marzo de 2024

Kafka e a boneca viaxeira, de J. Sierra i Fabra

 En Kafka e a boneca viaxeira, o autor mergúllase profundamente na relación entre os nenos e os adultos, explorando á vez temas universais como a inocencia, a bondade e a fantasía. Sierra i Fabra aborda estas cuestións desde un estilo narrativo caracterizado por unha sinxeleza, utilizando frases curtas e sen demasiada ornamentación, pero logrando transmitir todo aquilo que quere contar entre as súas liñas.

A historia, que se desenvolve en menos de cento trinta páxinas e céntrase en só dous personaxes, logra encapsular todo un proceso vital: o paso da nenez á madurez. Cun texto no que cada páxina reflicte a sensibilidade do autor e a súa habilidade para conectar co lector. Por isto, é un libro moi adecuado para un publico novo, por lograr conectar e tratar un dos eventos que o lector, aínda que non o saiba, está a vivir: o facerse maior. 

Baixo o meu punto de vista, o autor crea un libro bellísimo con moita sinxeleza. É un exemplo de que na literatura non é necesario o ornamento innecesario, non é necesario crear textos complexos para tratar temas como tal, neste caso crecer. É un libro que recomendaría a aquelas persoas que se cadra queiran comezar a indagar na literatura, xa que se fai moi levadío e a historia é amena e sobre todo bonita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario