jueves, 8 de julio de 2021

Contra o reloxo, de Carlos Labraña

O paso do tempo, o ladrón das horas, o tempo é ouro, as viaxes no tempo… Todo quere ser tocado nesta pequena obra de teatro de Labraña. A travesía da vida percibida por un home ao final da súa carreira - metáfora da existencia - representada por un reloxeiro.         Pero neste caso, ese tema tan importante está tratado en forma de comedia, máis ben farsa, onde ningún personaxe atopa o seu sitio: o reloxeiro xa non se interesa polo tempo, o veciño non pode durmir co ruído, a filla só busca diminuír a pena do seu pai e os ladróns acaban, como en todos os contos clásicos, vapuleados. 
         A narración aférrase a un formato cinematográfico divertido ao estilo do Camarote dos Irmáns Marx, cun entrar e saír dos personaxes, con xente apiñada e caixas que se van amontoando ata o teito onde se agochan persoas e pensamentos, deixándonos de novo con esa sensación familiar do recuncho onde cada un de nós vamos amoreando os nosos recordos, a nosa vida… 
         Veña, a ler, rapaces, que xa vai sendo hora!

No hay comentarios:

Publicar un comentario